Luís Gómez Pacios, nado en Lugo en 1925 e finado en 1983, foi un pintor galego.

Traxectoria Formouse en debuxo técnico, comezando a traballar como debuxante para o Servizo Topográfico de España. En 1956 entrou a traballar no Museo Provincial de Lugo realizando a catalogación de pezas en fichas, mediante a realización de debuxos esquemáticos. Comezou a traballar tamén como profesor de debuxo no Colexio Fingoi de Lugo e na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da mesma cidade.

Como pintor entrou a formar parte en 1962 do grupo Seis Urogallos, creado xunto a Jesús Blas Lourés, Manuel Cancio Varela, Tino Prados López, Xosé López Guntín e Antonio Estrada, coa intención de achegar a arte ao pobo. Relizaban os seus traballos nun local da praza de Santo Domingo cedido polo gobernador civil da provincia, Luis Azcárraga y Bustamante, e expuñan no Portón do Recanto, e tralo peche deste local, no restaurante Ferreirós.

A súa obra consolidouse, e a partir de 1969 apréciase un cambio conceptual, aparecendo temas relacionados coa psicoloxía e coas lendas e tradicións galegas.

Recibiu varios premios ao longo da súa carreira.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes