"There's No Other Way" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada o 15 de abril de 1991 como o seu segundo sinxelo. O tema foi o primeiro top 10 do grupo, acadando o número 8 na lista británica de sinxelos, e aparece no seu álbum de estrea Leisure. O sinxelo tamén tivo un moderado éxito nos Estados Unidos, onde acadou o posto 82 na lista Billboard Hot 100 e o 5 na Billboard Modern Rock Tracks. A canción foi usada como sintonía da serie de televisión belga Dennis, e unha versión xogable está dispoñible para os videoxogos Rock Band e Guitar Hero 5.

Listaxe de cancións CD "There's No Other Way" "Inertia" "Mr Briggs" "I'm All Over"

7" e casete "There's No Other Way" "Inertia"

12" remix "There's No Other Way" (12" remix) "Won't Do It" "Day Upon Day" (live)

12" "There's No Other Way (Extended Version)" "Inertia" "Mr Briggs" "I'm All Over"

Categoría:Sinxelos de 1991 Categoría:Cancións de Blur Categoría:Composicións musicais de rock alternativo