Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo"Don Joaquín García Picher cubre la vacante viguesa", artigo en La Vanguardia Española, 11 de setembro de 1974 ."Don Joaquín García Picher nuevo alcalde de Vigo", artigo en ABC, 11 de setembro de 1974 . e finado o 12 de setembro de 1985"Recordando a Joaquín García Picher", artigo de Rafel López Mera no Faro de Vigo, 11 de setembro de 2010 ., foi un político galego, alcalde de Vigo.
Traxectoria Era perito industrial, profesor mercantil e economista. Foi nomeado alcalde de Vigo en 1974, antes da morte de Francisco Franco, e continuou até agosto de 1978, cando dimitiu nun pleno municipal embarullado por mor das protestas veciñais pola venda dunha parcela municipal para rescatar unha concesión municipal"Dimite el alcalde de Vigo", artigo de Gerardo G. Martín en El País . para dar paso a Enma González Bermello.
Durante a súa alcaldía foi inaugurada a nova casa consistorial, promoveuse a creación da Universidade de Vigo e que a cidade fose unha das sedes do Mundial de Fútbol España 1982. Foi o último alcalde que exerceu como presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1985