A Vía da Prata ou vía mozárabe é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia ástur. Actualmente promoveuse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.
Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.
Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.
Terminoloxía
Vía da prata Malia o seu nome, non se asocia directamente coa explotación ou comercio da prata durante a súa orixe. O termo procede do árabe "Bal’latta", que significa "camiño empedrado". Esta designación foi utilizada polos musulmáns para referirse a unha ampla e sólida vía romana que unía as cidades de Augusta Emerita (Mérida) e Asturica Augusta (Astorga), facendo uso de camiños preexistentes. A pesar de que a súa orixe etimolóxica non está relacionada co metal, acabou tendo un papel importante no transporte de prata americana durante a época colonial.
Camiño mozárabe Aínda que unha das vías de peregrinación dos mozárabes coincide coa ruta de peregrinación a Santiago, hai outra que vai de Málaga a Compostela que recibe o mesmo nome.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas La Vía de la Plata
Categoría:Vías romanas de Hispania Categoría:Camiño de Santiago