O nobelio (anteriormente chamado unnilbio) é un elemento sintético da táboa periódica de símbolo No e número atómico 102, chamado así en honra do inventor Alfred Nobel. É o 11º elemento sintético da táboa periódica. O seu descubrimento realizouse por emisión de partículas alfa, é dicir, un ión de helio dobremente cargado. Só se produciron cantidades atómicas deste elemento. O nobelio é o décimo elemento máis pesado que o uranio producido sinteticamente e o 14º membro dos actínidos.
Foi identificado por vez primeira de xeito correcto en 1966 por científicos do Laboratorio Fliórov de Reaccións Nucleares en Dubna, Rusia (daquela, a Unión Soviética). Sábese moi pouco sobre este elemento, pero os escasos experimentos químicos que se levaron a cabo permitiron estabelecer que el mesmo forma un ión bivalente estable en solución como tamén o ión trivalente predito, asociado coa súa pertenza ó grupo dos actínidos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Chart of Nuclides. nndc.bnl.gov
Categoría:Nobelio Categoría:Actínidos Categoría:Elementos químicos sintéticos