Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén e do Algarve (desde 1260).
Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir.
Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.
Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, Fernando de la Cerda, e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta do infante Sancho e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar o seu fillo Sancho.
Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando a moeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 o Honrado Consejo de la Mesta.
Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a prosa en castelán. Destacan as Sete Partidas (Las Siete Partidas), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de xadrez e de astronomía. Ademais escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1980.
En 1935 recoñeceuse como astrónomo nomeándose no seu honor o cráter lunar "Alphonsus".Ficha do cráter lunar "Alphonsus", en Gazeteer of Planetary Nomenclature . Consultada o 24 de outubro de 2016.
Traxectoria Infancia e educación Afonso era o fillo primoxénito de Fernando III de Castela e León, o Santo e de Elisabeth von Hohenstaufen, máis coñecida como Beatriz de Suabia, que era filla de Filipe de Suabia, rei de Alemaña, e neta do emperador Federico I Barbarroxa). Para encargarse da súa crianza foi designada como ama Orraca Pérez e como aio García Fernández de Villamayor, que fora mordomo da raíña Berenguela e cuxa segunda esposa era Maior Arias de Limia. Con ambos os esposos criouse en Villaldemiro e en Celada del Camino.Afonso X afirmaba que estes me criaron e me fezieron muchos servicios e sennaladamiente... me criaron en Villaldemiro e en Celada. Parte da súa infancia pasouna nas propiedades que tiñan os seus coidadores na comarca de Allariz, concretamente no castelo de Maceda onde, segundo a tradición, aprendeu o galego.Castelo de Maceda , en Galicia. O bo camiño. Xunta de Galicia.Alfoso X: Cantigas de Santa María, códice rico de El Escorial. Ms., escurialense T. I. 1, ed. de José Filgueira Valverde. Madrid: Castalia, 1985, p. XI. ISBN 978-84-7039-446-1. que utilizou nas Cantigas de Santa María compostas no seu scriptorium e, polo menos dez delas, seguramente debidas ao mesmo rei.Alfoso X: Cantigas de Santa María. Vol. 1 (1-100), ed. de Walter Mettmann. Madrid: Castalia (Clásicos Castalia), 1986, pp. 17-20. ISBN 978-84-7039-441-6. Xa na Corte de Toledo recibiu unha esmerada educación en múltiples campos, á vez que empezou a relacionarse cos herdeiros das principais familias nobres dos reinos de Castela e de León.
Aínda infante, participou na toma de varias prazas andaluzas, entre elas Cádiz; porén, tivo que renunciar á posesión do Reino do Algarve (polo tratado de Badaxoz de 1267), e ás súas aspiracións sobre o Reino de Navarra. Tamén fracasou na disputa pola coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que conseguiu que o elixisen rei de romanos, o paso previo para acadar a coroa imperial.
Campaña en Andalucía e batalla de Xerez (1231) En 1231, mentres Fernando III percorría as principais cidades do Reino de León despois de tomar posesión del, o soberano enviou o seu fillo o infante Afonso, que contaba daquela con nove anos de idade e estaba en Salamanca, a devastar os reinos musulmáns de Córdoba e Sevilla, acompañado polos magnates Álvaro Pérez de Castro el Castellano e Gil Manrique. Porén, varios historiadores sinalaron que o infante Afonso ao que se refiren as crónicas da época non foi o fillo de Fernando III o Santo, senón o seu irmán, o infante Afonso de Molina, fillo do defunto Afonso VIII de León e Galiza.Así e todo, Gonzalo Martínez Díaz pensa que o infante Afonso citado na Crónica debeu de ser o fillo de Fernando III e non o seu irmán Afonso de Molina, xa que fora este o que estivo presente na batalla de Xerez, o mando da hoste debería corresponderlle a el en razón da súa dignidade e non a Alvar Pérez de Castro. Cf. González Jiménez (2004) Porén, segundo a versión que sostén a Crónica, o infante Afonso presente na batalla era en realidade o fillo do rei Fernando III:
miniatura|Vista do Alcázar de Xerez da Fronteira. A batalla de Xerez, librada en 1231, supuxo a derrota das tropas do rei musulmán de Sevilla.
Desde Salamanca, e pasando por Toledo, onde se lles uniron corenta cabaleiros toledanos, dirixíronse cara a Andújar e, desde alí, encamiñáronse a devastar a terra de Córdoba, e posteriormente, a vila cordobesa de Palma del Río, onde exterminaron a todos os habitantes e tomaron a localidade, dirixíndose a continuación cara ao Reino de Sevilla e cara a Xerez da Fronteira, onde instalaron o campamento cristián nas proximidades do río Guadalete. O emir Ibn Hud, que reunira un numeroso exército dividido en sete corpos, interpúxose con el entre o exército cristián e a cidade de Xerez da Fronteira, obrigando ás tropas de Afonso a combater. Durante a batalla que se librou a continuación, coñecida como a batalla de Jerez, o exército de Afonso derrotou as tropas musulmás a pesar da superioridade numérica destas. Despois da súa vitoria na batalla de Xerez, Álvaro Pérez de Castro dirixiuse ao Reino de Castela e entregou ao infante Afonso a seu pai o rei, que se encontraba na cidade de Palencia.
Afonso X o Sabio referiuse posteriormente a esta batalla, librada no ano de 1231, e na que Álvaro Pérez de Castro el Castellano acaudillou as hostes cristiás, do seguinte modo:
Conquista dos Reinos de Murcia e de Sevilla miniatura|dereita|Retrato de Afonso X. Concello de Sevilla (séc. XIX).
Cumprida a maioría de idade aos dezanove anos, Afonso utiliza oficialmente o título de herdeiro e comeza a exercer actividades de goberno no Reino de León. Pouco despois, enfrontou diversas operacións militares. En 1243, debido á enfermidade que sufría seu pai, o infante fíxose cargo da campaña de conquista do Taifa de Murcia (1243-1245), coa axuda de certos caudillos musulmáns do territorio. No transcurso destas operacións asinou o tratado de Almizra (26 de marzo de 1244) con Xaime I de Aragón, seu futuro sogro, establecendo as fronteiras entre ambos os reinos.
En 1246-1247 participou na guerra civil portuguesa, apoiando a Sancho II de Portugal fronte ao seu rival Afonso de Boloña. En 1247-1248 participou en primeira liña na conquista de Sevilla. A causa da quebrantada saúde do seu pai, Afonso ocupouse da repartición entre os membros da hoste dos novos territorios adquiridos, así como de distintos labores de goberno.
En 1248 comezou a conquista do Reino Taifa de Murcia que lle correspondía en virtude do tratado de Almizra, polo que as cidades de Villena, Alacant, Elx, Orihuela, Murcia, Lorca e Cartaxena foron incorporadas á Coroa de Castela. Ao pouco, serían entregadas as vilas e fortalezas do Vinalopó, a modo de apanage, ao seu irmán, o infante Manuel de Castela, sendo creado o Señorío de Villena.
Matrimonio Sendo Afonso un adolescente tratouse do seu matrimonio en dúas ocasións. A primeira foi en 1234 coa infanta Branca de Champaña, filla do rei Teobaldo I de Navarra. Posteriormente, con Filipa de Ponthieu, irmá da súa madrasta a raíña Xoana, para cuxo enlace o papa emitiu dispensa o 31 de agosto de 1237. Ambos os compromisos quedaron sen efecto e, en 1240, dous anos antes da toma da cidade de Sevilla, foi acordado o seu casamento coa infanta Violante de Aragón, segundo consta no testamento de 1 de xaneiro de 1241 de Xaime I o Conquistador, rei de Aragón, onde cita á súa filla como.
A voda do rei Afonso con Violante celebrouse o 29 de xaneiro de 1249 na Colexiata de Santa María a Maior de Valladolid. A futura raíña estivo a punto de ser repudiada por estéril, pero quedou embarazada tras repousar na cidade de Alacant tras a súa conquista en 1248.
O 30 de maio de 1252 faleceu Fernando III o Santo, e o 1 de xuño foi proclamado rei o infante Afonso, que reinaría como Afonso X de Castela e de León.
Política interior Foi o do Rei Sabio un reinado reformador, que iniciaría o proceso que desembocaría no Estado Moderno da época dos Reis Católicos. Fundamentou, así mesmo, a supremacía de Castela entre os reinos peninsulares.
O Honrado Concejo de la Mesta de pastores foi creado en 1273 por Afonso X o Sabio, reunindo nel a todos os pastores de León e de Castela nunha asociación nacional e outorgándolles importantes prerrogativas e privilexios tales como eximilos do servizo militar, de testificar nos xuízos, dereitos de paso e pastoreo, etc.
miniatura|Portada das Sete Partidas.
Reformas lexislativas Afonso X pretendía renovar e unificar os diversos foros que rexían nos seus dominios. Para lograr este obxectivo, o primeiro paso foi a redacción do Foro Real para as cidades do país. O espéculo das leis, promulgado en 1255, foi a primeira redacción dun código legal unificado, na liña do Foro Real.
En 1256 chegou unha embaixada da cidade italiana de Pisa ofrecendo a Afonso o seu apoio para optar ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico. O rei castelán decidiu entón que o seu equipo de xuristas elaborase un novo código legal ampliado, baseado no Espéculo e no Dereito romano-canónico. Trátase das Sete Partidas, redactadas entre 1256 e 1265, e das que se chegou a dicir que son, pola súa calidade e transcendencia interna e exterior, equiparábeis no mundo do dereito ao que foi a obra de Tomé de Aquino para a teoloxía.José Manuel Pérez-Prendes Muñoz-Arraco (2004): Historia del Derecho español, tomo II, p. 839, Madrid: Facultad complutense de Derecho.
As reformas lexislativas do rei produciron o rexeitamento de elementos cidadáns e nobiliarios, cuxos privilexios se vían ameazados pola crecente intervención do Estado nas lexislacións privativas. Este rexeitamento foi unha das causas da gran rebelión nobiliaria de 1272.
Actividade de repoboación miniatura|Noven, moeda de billón, cuñada na ceca da Coruña durante o reinado de Afonso X. A lenda di en latín "Moeda de Castela e de León". miniatura|Selo de Afonso X. miniatura|Estatua de Afonso X diante da Biblioteca Nacional (Madrid). miniatura|Estatua de Afonso X xunto ao Castelo de San Marcos. Puerto de Santa María.