Rense Westra, nado o 30 de setembro de 1946 en Aldwâld (Frisia), é un actor neerlandés.
Traxectoria Westra actuou en máis de 80 obras do grupo de teatro en frisón Tryater, entre elas Ricardo III, O soño dunha noite de San Xoán ou Romeu e Xulieta de Shakespeare. Tamén desde 1985 actuou en varios filmes frisóns como De Gouden Swipe (1995) ou De Fûke (2000), pola súa interpretación nesta última foi candidato a un Gouden Kalf ao mellor actor. Westra interpretou a Veldwachter Zwart en dúas versión cinematográfica de De Kameleon (serie de libros infantís) e no musical De Kameleon Ontvoerd (2006).
En televisión Westra participou nas series Goudkust (1996) de SBS 6 e Westenwind (1999) de RTL 4. Fíxose popular polo seu papel de Beant Baas, protagonista da comedia de situación Baas Boppe Baas (2001-2005) en Omrop Fryslân e en 2007 dunha versión teatral realizada con Rients Gratama in 2007. Tamén ten un papel salientable na serie Dankert en Dankert. No ano 2009 actuou no filme De Hel van '63.
Categoría:Actores dos Países Baixos Categoría:Actores de cinema Categoría:Actores de teatro Categoría:Actores de televisión Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2015