O Palacio de Deportes José María Martín Carpena é un pavillón deportivo multiúsos localizado en Málaga, España. É a principal instalación deportiva cuberta da cidade e un dos principais complexos deportivos da Costa do Sol. É coñecido por ser a cancha do Club Baloncesto Málaga "Unicaja".
Historia e características Anteriormente coñecido como Palacio dos Deportes Cidade de Málaga, cambiou o seu nome en honra a José María Martín Carpena, concelleiro do Partido Popular no Ayuntamiento de Málaga asasinado en 2000 pola banda terrorista ETA.
Orixinalmente tiña capacidade de 11.300 espectadores e unha superficie que rolda os 22.000 metros cadrados. En 2007 expúxose un proxecto para ampliar a capacidade do recinto a unha cantidade próxima aos 17.000 espectadores debido á gran demanda de localidades e abonos por parte dos afeccionados do Unicaja Málaga. Finalmente o proxecto aprobouse para ampliar o aforamento até 13.000 espectadores. O proxecto de ampliación atópase na súa segunda fase.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CB Málaga
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Málaga