Felipe de la Gándara y Ulloa, tamén coñecido como Felipe da Gándara, nado en Allariz en 1596 e finado en Madrid o 18 de outubro de 1676, foi un humanista galego do século XVII.
Traxectoria
Profesou como membro da Orde de Santo Agostiño en Salamanca en 1615, e foi elixido mestre da orde en 1656. A Xunta do Reino de Galiza nomeouno cronista do reino de Galiza. Escribiu diversas obras entre as que destaca Armas y Triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662), unha destacada obra xenealóxica en forma de alegación en defensa dos nobres galegos e da súa orixe.
Obra miniatura|Armas i triunfos. Hechos heroicos, de los hijos de Galicia, 1662 Armas i triunfos. Hechos heroicos, de los hijos de Galicia. Elogios de su nobleza, i de la maior de España, i Europa. Resumen de los servicios que este Reino á echo á la Magestad del Rei Felipe IV nuestro Señor (1662). Madrid; editado por Pablo de Val. 682 páxinas e 1 lámina (escudo de Alonso de Oca). En 1677, reeditouse, aínda que con 664 páxinas. En 1970 editouse un facsímile dentro da colección Bibliófilos Gallegos, cunha introdución de José Filgueira Valverde. Descripción, armas, origen y descendencia de la muy noble, y antigua Casa de Calderón de la Barca, y sus sucessiones continuadas, que escrivió el Rmo. P. M. Fr. Phelipe de la Gándara... (1753). Madrid; editado por Juan de Zúñiga. 302 páxinas. Obra póstuma. El Cisne occidental canta las palmas y trivnfos eclesiasticos de Galicia. Ganados por svs hijos insignes, santos, y varones ilustres, y ilustrissimos martires, pontifices, virgenes, confessores, doctores, y escritores, que los han merecido en la iglesia militante, para reinar con Dios en la triunfante. Obra postvma, Madrid: Julián de Paredes, 1678, 2 vols. Reeditada na Coruña, Orbigo, imp. 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Reino de Galicia Categoría:Nados en 1596 Categoría:Finados en 1676 Categoría:Cronistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en Allariz Categoría:Xenealoxistas