miniatura|300px|Vista da exposición. A Exposición Universal de París de 1900 tivo lugar do 15 de abril ao 12 de novembro de 1900 en París, Francia.
Historia e características Tiña unha superficie de 120 hectáreas, foi visitada por 50 860 801 persoas, participaron 58 países e tivo un custo total de 18 746 186 dólares.
A estación de Orsay (agora Museo de Orsay), o Petit Palais, o Grand Palais e a ponte Alexandre III foron construídos para celebrar a exposición universal. O Petit Palais e o Grand Palais foron construídos sobre a localización do Palacio da Industria, o froito dunha exposición precedente (1855).
Unha gran noria foi construída na avenida de Suffren. Tiña un diámetro de 100 metros e foi demolida en 1937.
Os Xogos Olímpicos de París 1900 foron organizados durante a exposición.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Exposición Internacional de París de 1937.
Ligazóns externas Exposición Universal de París - 1900 Fotografías
Categoría:París Paris Categoría:1900