Walter Gilbert, nado o 21 de marzo de 1932 en Boston, (EEUU) é un físico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1980.
Traxectoría Estudou física, química e matemáticas na Universidade Harvard. Posteriormente realizou o doutoramento en matemáticas na Universidade de Cambridge e en bioquímica en Harvard, onde foi nomeado profesor de bioloxía molecular.
Investigacións científicas En 1980, a súa contribución á determinación das secuencia de bases dos ácidos nucleicos valeulle o Premio Nobel de Química, que compartiu co seu compatriota Paul Berg e o británico Frederick Sanger.
Gilbert e Sanger foron premiados polo seu traballo pioneiro na determinación da secuencia de nucleótidos dos ácidos nucléicos.
Walter Gilbert tamén propuxo por primeira vez a hipótese do mundo ARN para o orixe da vida, modelo proposto por Carl Woese en 1967.
É cofundador da empresa de biotecnoloxía Biogen e foi o primeiro presidente do consello de dirección.
Disidencia con respecto ao SIDA Walter Gilbert é un disidente do SIDA, xa que considera que o doutor Peter Duesberg está no certo nas súas posicións heterodoxas con respecto á enfermidade.
Citas:
'"[Duesberg] está absolutamente no certo ao dicir que o SIDA non está provocado polo virus do SIDA. Non hai modelo animal para o SIDA, e sen modelo animal, un non pode establecer os postulados de Koch (para probar o papel de algo que se sospeita que é patóxeno). "A comunidade no seu conxunto non escoita pacientemente aos críticos que adoptan puntos de vista alternativos. Aínda que a gran lección da historia é que o coñecemento desenvólvese a través do conflito entre puntos de vista".
Véxase tamén Premio Nobel de Química Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1980 Biografía na páxina do Instituto Nobel 1980 Walter Gilbert en Biografías y Vidas
Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1932 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América