O morcego rateiro grande (Myotis myotis) é o maior representante do xénero, Myotis en Europa.

Descrición As femias son algo maiores que os machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de cor marrón a parda agrisada e o ventre case branco; os espécimes novos son dun gris cincento e pel pardo avermellada.

O fociño é ancho e con avultamentos glandulares, o uropataxio é lampiño, cun esporón que cobre a metade do seu bordo.

O seu fórmula dentaria é .

Distribución miniatura|esquerda|Mapa de distribución en Galicia. Habita en Europa, Israel, Siria, Anatolia e Illas Azores. En Europa, ao sur dunha liña que pasa por Holanda, costa xermano-polaca e Crimea.

Hábitat Ocupa zonas tépedas. Os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos de tipo adevesados e parques asociados con áreas marxinais urbanas, esta considerado unha especie forestal.

É unha especie tipicamente cavernícola, que utiliza como refuxios, covas, minas ou calquera tipo de cavidade subterránea, tamén se atopa en faiados e sotos, sobre todo en Europa central.

Gregario durante a cría, con colonias que poden reunir miles de femias a partir do mes de marzo. Os machos ao principio mesturados coas femias, sepáranse en pequenos grupos que volven a reunirse en agosto para a cópula.

Ameazas As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.

Notas

"Myotis myotis" en Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente. Arquivo en pdf. Myotis myotis en Mammal species of the World.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas

Myotis Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1797