O Imperio Gupta foi un imperio que existiu desde principios do século IV da nosa era ata principios do século VI da nosa era. No seu apoxeo, entre os anos 319 e o 467 d.C. aproximadamente, abarcou gran parte do subcontinente indio. Este período foi considerado como a Idade de Ouro da India por algúns historiadores,N. Jayapalan, History of India, Vol. I, (Atlantic Publishers, 2001), 130. aínda que esta caracterización foi discutida por outros historiadores. A dinastía gobernante do imperio foi fundada por Gupta, e os gobernantes máis notables da dinastía foron Chandragupta I, Samudragupta, Chandragupta II e Skandagupta. O poeta sánscrito do século V da nosa era Kalidasa atribúe aos Gupta a conquista duns vinte e un reinos, tanto dentro como fóra da India, incluídos os reinos dos parasikas, dos hunas, dos kambojas, e as tribos situadas nos vales occidental e oriental do río Amu Daria, os kinnaras, os kiratas, e outros.Raghu Vamsa v 4.60–75

Os puntos álxidos deste período son os grandes desenvolvementos culturais que tiveron lugar principalmente durante os reinados de Samudragupta, Chandragupta II e Kumaragupta I. Moitas epopeas e fontes literarias hindús, como Mahabharata e Rāmāyaṇa, foron exaltadas durante este período.Gupta dynasty (Indian dynasty) . Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011. O período Gupta produciu eruditos como Kalidasa, Âryabhata, Varahamihira e Vatsyayana, que fixeron grandes avances en moitos campos académicos.Gupta dynasty: empire in 4th century . Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.Gupta dynasty: empire in 4th century . Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011. A ciencia e a administración política alcanzaron novas cotas durante a era Gupta. O período, ás veces descrito como Pax Gupta''', deu lugar a logros en arquitectura, escultura e pintura que "estableceron estándares de forma e gusto [que] determinaron todo o curso posterior da arte, non só na India senón moito máis alá das súas fronteiras". Os fortes lazos comerciais tamén converteron á rexión nun importante centro cultural e establecérona como unha base que influiría nos reinos e rexións próximos da India e o Sueste asiático.Trade | The Story of India – Photo Gallery . PBS. Consultado o 21 de novembro de 2011. Tamén se cre que os Puranas, que eran poemas anteriores e que versaban sobre diversos temas, plasmáronse en textos escritos nesta época. Os gobernantes seguían o hinduísmo e os brahmanas floreceron no imperio Gupta, pero os Gupta tamén toleraban a persoas doutras relixións.

O imperio desapareceu debido a unha serie de factores como a perda substancial de territorio e da autoridade imperial causada polos seus antigos feudatarios, así como a invasión desde Asia Central dos pobos Huna (Kidarites e Hunos Alchon). Despois do colapso do Imperio Gupta no século VI, a India volveu a estar dividida en numerosos reinos rexionais.

Orixe A orixe dos Guptas é dubidosa. Segundo unha teoría, orixináronse na actual rexión do baixo doab de Bihar e Uttar Pradesh,, onde se descubriron a maior parte das inscricións e das moedas dos primeiros reis Gupta. Esta teoría tamén é apoiada polo Purana, que menciona o territorio dos primeiros reis Gupta como as áreas de Prayaga, Saketa e Magadha na conca do río Ganxes.

Outra destacada teoría sitúa a súa orixe na rexión de Bengala, segundo o texto do monxe budista chinés do século VII Yijing. De acordo con Yijing, o rei Che-li-ki-to (identificada co fundador da dinastía Shri Gupta) construíu un templo para os peregrinos chineses preto de Mi-li-kia-si-kia-po-no (aparentemente unha transcrición de Mriga-shikha-vana). Yijing afirma que este templo estaba situado máis de 40 yojanas ao leste de Nalanda, o que significaría que estaba nalgún lugar da moderna rexión de Bengala. Outra hipótese é que o primeiro reino Gupta se estendese dende Prayaga no oeste á Bengala setentrional no leste.

Os rexistros dos gupta non se mencionan os varna (clase social) da dinastía. Algúns historiadores, como A.S. Altekar, teorizaron que eran de orixe vaishia, xa que certos textos indios antigos prescriben o nome "Gupta" para os membros da varna vaishia. Segundo o historiador R. S. Sharma, os vaishias -tradicionalmente asociados ao comercio- poderían converterse en gobernantes tras resistirse aos impostos opresivos dos gobernantes anteriores. Os críticos da teoría da orixe vaishia sinalan que o sufixo Gupta aparece nos nomes de varios non vaishias, tanto antes como durante o período Gupta, e o nome dinástico "Gupta" pode derivar simplemente do nome do primeiro rei da familia Gupta.. Algúns estudosos, como S. R. Goyal, sosteñen a teoría de que os gupta eran brahmanes, porque mantiñan relacións matrimoniais con brahmanas, pero outros rexeitan esta evidencia por non ser concluínte. Baseándose nas inscricións de Pune e Riddhapur da princesa gupta Prabhavatigupta, algúns estudosos cren que o nome do seu gotra (clan) paterno era "Dharana", pero unha lectura alternativa destas inscricións suxire que Dharana era o gotra da súa nai Kuberanaga.

Historia miniatura|A raíña Kumaradevi e o rei Chandragupta I, nunha moeda de ouro miniatura|Moeda de Samudragupta, co piar Garuda, British Museum O fundador da dinastía foi Sri Gupta, que gobernaba Bengala, no ano 280Agarwal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas, Delhi:Motilal Banarsidass, ISBN 81-208-0592-5, pp.84–7 O seu fillo e sucesor Gatotkacha gobernou probablemente en 280-319. En contraste co seu sucesor, Chandragupta I, a quen se menciona como Maharajadhiraja, el e o seu fillo Ghatotkacha figuran en inscricións como maraxá.Majumdar, p. 474 Ghatotkacha iniciou unha política de expansión anexionando pequenos reinos hindús, este gobernou ata o ano 319.

Ghatotkacha foi sucedido polo seu fillo, Chandragupta I, que gobernou entre os anos 319 e 335. Casou con Kumar Devi, unha princesa Licchavi, recibindo un importante dote tanto económica e territorial en Madadha, con capital en Pataliputra, como de prestixio o emparentarse cunha importante familia de ampla tradición na India. Ademais de politicamente tamén expandiu o imperio conquistando gran parte de Madadha, Prayaga e Saketa. Asumiu o título imperial de Maharajadhiraja. Samudragupta

Samudragupta sucedeu ao seu pai ao redor de 335 ou 350 d.C., e gobernou até . Samudragupta continuou unha política de conquistas que consolidaron o Imperio e levou a este a un período de esplendor político, cultural e militar. A inscrición do Piar de Allahabad, composta polo seu cortesán Harishena, atribúelle extensas conquistas. A inscrición afirma que Samudragupta desterrou a oito reis de Āryāvarta, da rexión do norte, incluídos os Nagas. Ademais, afirma que subxugou a todos os reis da rexión boscosa, que moi probablemente se atopaba no centro da India. Tamén se lle atribúe a derrota de 12 gobernantes de Dakshinapatha, a rexión meridional: a identificación exacta de varios destes reis é obxecto de debate entre os eruditos modernos, pero está claro que estes reis gobernaban zonas situadas na costa oriental da India. A inscrición suxire que Samudragupta avanzou até o reino da Pallava no sur, e derrotou a Vishnugopa, o rexente Pallava de Kanchi. Durante esta campaña meridional, Samudragupta probablemente atravesou a zona boscosa do centro da India, chegou á costa oriental na actual Odisha, e logo marchou cara ao sur ao longo da costa do Golfo de Bengala.

A inscrición do Piar de Allahabad menciona que os gobernantes de varios reinos fronteirizos e oligarquías tributaban a Samudragupta, obedecían as súas ordes e rendíanlle pleitesía. Os reinos fronteirizos incluían a Samatata, Davaka, Kamarupa, Nepal e Karttripura. As oligarquías tribais incluían a Malavas, Arjunayanas, Yaudheyas, Madrakas, e Abhiras, entre outras.

Por último, a inscrición menciona que varios reis estranxeiros trataron de compracer a Samudragupta coa súa asistencia persoal; ofrecéronlle ás súas fillas en matrimonio (ou, segundo outra interpretación, regaláronlle doncelas); e solicitaron o uso do selo Garudá, que representa a Gupta, para administrar os seus propios territorios.. Isto é unha esaxeración: por exemplo, a inscrición enumera ao rei do reino de Simhala entre estes reis. Sábese por fontes chinesas que o rei Simhala Meghavarna enviou ricos presentes ao emperador Gupta solicitando o seu permiso para construír un mosteiro budista en Bodh Gaya: O panexirista de Samudragupta parece describir este acto de diplomacia como un acto de servilismo.

Samudragupta parece que era visnuista, como o testemuña a súa inscrición en Eran, e realizou varias cerimonias brahmánicas. Os rexistros de Gupta atribúenlle facer xenerosas doazóns de vacas e ouro. Levou a cabo o ritual Ashvamedha (sacrificio de cabalos), utilizado polos antigos reis e emperadores indios para demostrar a súa soberanía imperial, e emitiu moedas de ouro (véxase Moeda máis adiante) para conmemorar esta actuación.

A inscrición do piar de Allahabad presenta a Samudragupta como un rei sabio e un administrador estrito, que tamén era o suficientemente compasivo como para axudar aos pobres e aos desamparados. Tamén alude ao talento do rei como músico e poeta, e chámao o «rei dos poetas».. Tales afirmacións son corroboradas polas moedas de ouro de Samudragupta, que o representan tocando unha veena.

Samudragupta parece controlar directamente unha gran parte da chaira indoganxética na India actual, así como unha parte substancial da India central. Ademais, o seu imperio comprendía unha serie de estados tributarios monárquicos e tribais do norte da India, e da rexión costeira do sueste da India. Ramagupta miniatura|upright|Buda de pé en arenito vermella, Arte de Mathura, período Gupta . Museo de Mathura Ramagupta é coñecido por unha obra do século VI, Devichandragupta, na que entrega á súa raíña aos Saka inimigos e o seu irmán Chandragupta ten que coarse no campamento inimigo para rescatala e matar o rei Saka. A historicidade destes feitos non está clara, pero a existencia de Ramagupta está confirmada por tres estatuas Jain atopadas en Durjanpur, con inscricións que se refiren a el como o Maharajadhiraja. Tamén se atopou un gran número das súas moedas de cobre na rexión de Eran-Vidisha e clasificáronse en cinco tipos distintos, que inclúen o Garudá, Garudadhvaja, leó e lenda fronteiriza. As lendas Brahmi destas moedas están escritas no estilo gupta temperán.. Chandragupta II "Vikramaditya" Segundo os rexistros Gupta, Samudragupta nomeou, entre os seus fillos sucesor ao príncipe Chandragupta II, nacido da raíña Dattadevi. Chandragupta II, Vikramaditya (Valente como o Sol), gobernou desde o ano 375 até o 415. casou cunha princesa kadamba do Kuntala e de liñaxe naga (Nāgakulotpannnā), Kuberanaga. A súa filla Prabhavatigupta desta raíña Naga casou con Rudrasena II, o rei Vakataka de Deccan. O seu fillo Kumaragupta I casou cunha princesa kadamba da rexión de Karnataka. Chandragupta II expandiu os seus dominios ao oeste, derrotando os Saka, Sátrapas occidentais de Malwa, Gujarat e Saurastra nunha campaña que durou ata 409. O seu principal opoñente Rudrasimha III foi derrotado no 395, e domiou aos cacicazgos de Bengala. Isto estendeu o seu control de costa a costa, estableceu unha segunda capital en Ujjain que foi o punto culminante do imperio. As inscricións de Kuntala indican o goberno de Chandragupta II no país de Kuntala de Karnataka.A Inscrición de Hunza tamén indica que Chandragupta puido gobernar o noroeste do subcontinente indio e procedeu a conquistar Balkh, aínda que algúns estudosos tamén cuestionaron a identidade do emperador gupta. O rei Chalukya Vikramaditya VI (r. 1076 - 1126 d.C.) menciona a Chandragupta co seu título e afirma: «Por que a gloria dos reis Vikramaditya e Nanda ía seguir sendo un obstáculo máis? El cunha orde en voz alta aboliu esa (era), que ten o nome de Saka, e fixo esa (era) que ten o nome Chalukya». miniatura|upright|Moedas de ouro de Chandragupta II