O dos laurasiaterios (Laurasiatheria) é un hipotético clado de mamíferos placentarios co rango de cohorte ou superorde, segundo os autores. Está formado por sete ordes con especies actualmente viventes, e seis ordes extintas.
Etimoloxía O latín científico Laurasiatheria fórmase cos elementos Laurasia-, formado a partir de Lau- (de Laurentia, antigo continente que na actualidade forma parte do cratón de Norteamérica), Asia, e -theria, forma latina plural do grego θηρίον thēríon, "besta salvaxe". Polo tanto o seu significado é "as bestas de Laurasia" (isto é, os animais de Eurasia e Norteamérica).
Ordes Hoxe en día recoñécense as seguintes ordes con representantes vivos: Erinaceomorpha Soricomorpha Chiroptera Cetartiodactyla (Cetacea + Artiodactyla) Perissodactyla Pholidota CarnivoraAdemais, estas outras ordes extintas se asignaron á superorde: Meridiungulata Condylarthra Dinocerata Mesonychia Cimolesta Creodonta Rerlacións filoxenéticas
Cladograma
Notas
Véxase tamén
Bibliografía William J. Murphy, Eduardo Eizirik, Mark S. Springer et al., 2001. Resolution of the Early Placental Mammal Radiation Using Bayesian Phylogenetics. Science, 294 (5550): 2348-2351, 14 December 2001. Jan Ole Kriegs, Gennady Churakov, Martin Kiefmann, Ursula Jordan, Juergen Brosius, Juergen Schmitz, 2006. Retroposed Elements as Archives for the Evolutionary History of Placental Mammals. PLoS Biol 4(4): e91. Kitazoe Y, Kishino H, Waddell PJ, Nakajima N, Okabayashi T, et al., 2007. Robust Time Estimation Reconciles Views of the Antiquity of Placental Mammals. PLoS ONE'' 2(4): e384.
Ligazóns externas Laurasiatheria en UltimateUngulate
Categoría:Placentarios