O hassio (anteriormente chamado unniloctio) é un elemento sintético da táboa periódica dos elementos cuxo símbolo é Hs e o seu número atómico é 108. O seu isótopo máis estable é o Hs-269, que ten un período de semidesintegración de 9,7 segundos.

Historia O hassio foi sintetizado por primeira vez en 1984 polo grupo de investigación alemán Instituto para a investigación en ións pesados (Gesellschaft für Schwerionenforschung, GSI) localizado en Darmstadt. O nome hassio proposto polo grupo débese ao estado alemán de Hesse no que se atopa o GSI.

Houbo unha controversia sobre o nome dos elementos 101 a 109. Inicialmente a IUPAC adoptou o nome unniloctio (de símbolo Uno) como un nome temporal e sistemático para este elemento. En 1994 a IUPAC recomendou o nome hahnio para o elemento 108, pero finalmente adoptouse internacionalmente o nome hassio en 1997.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Hassio Categoría:Elementos químicos sintéticos