miniatura|Pirámide de Quefrén. miniatura|Pirámide da Lúa, Teotihuacán.
Unha pirámide (do grego "πυραμίς" – pyrámisπυραμίς, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, Perseus Digital Library a través do latín pyrămis, -ĭdis) é unha estrutura na que as superficies exteriores son triangulares e converxen nun punto. A base dunha pirámide pode formar calquera forma poligonal con máis de tres lados, o que significa que unha pirámide ten polo menos catro superficies triangulares. A pirámide cadrada, cunha base cadrada e catro superficies exteriores triangulares é a versión máis común.
Un deseño piramidal, coa meirande parte do peso preto do chan,O centro do volume é un cuarto da altura e co piramidión no cumio implica un menor pulo do material superior cara a abaixo: esta distribución do peso permitiu ás primeiras civilizacións crear estruturas monumentais estables.
Durante miles de anos, as maiores estruturas do mundo foron pirámides: primeiro a Pirámide Vermella na Necrópole de Dashur e logo a Gran Pirámide de Queops, as dúas en Exipto, sendo a última a única das sete marabillas do mundo antigo que aínda está en pé.
A pirámide de Queops (Khufu) foi construída por completo con pedra calcaria, e é considerada unha obra-prima da arquitectura. Contén arredor de 1,3 millóns de bloques que pesan entre 2,5 e 15 toneladas e está construída sobre unha base cadrada de arredor de 230 m de lado, cubrindo unha superficie de máis de 50.000 m². As súas catro caras están orientadas cara aos catro puntos cardinais de xeito moi preciso e ten un ángulo de 52º. A altura orixinal da pirámide era de 146,5 m, pero hoxe é de só 137 m; a falta deses 9 m débese ao roubo da cuberta de pedra calcaria de gran calidade para construír casas e mesquitas no Cairo. É aínda a pirámide máis alta.
A maior pirámide do mundo xamais construída, por volume, é a Gran Pirámide de Cholula, no estado mexicano de Puebla. Esta pirámide aínda está a ser escavada.
As primeiras pirámides (chamadas «clásicas»), que xa representan completamente paredes lisas, están datadas cara ao 2500 a. C., coma a pirámide de Meidum, que se atopa medio derrubada. Así, as pirámides que se poden considerar de referencia son as das dinastías III-VI (2650 - 2345 a. C.). Máis tarde, na época dos césares romanos, comezaron a construírse tumbas xigantescas e algunhas delas, como a chamada Pirámide de Cestio, están claramente inspiradas nos modelos existentes no Exipto dos tolemeos. Neste amplo espectro de construcións piramidais tamén hai exemplos máis actuais, construídos en pleno século XX, coma a Transamerica Pyramid de San Francisco (1972) ou a do Museo do Louvre (1980).Lehner 2003: páx.243
Historia miniatura|Esquema dunha mastaba. Discutiuse moito sobre a orixe da forma piramidal na construción humana. As pirámides xurdiron en distintas civilizacións sen contacto entre si, o que deu pé a multitude de especulacións de toda índole. Non obstante, dende un punto de vista só estrutural ou construtivo, a forma piramidal é un resultado case inevitábel do simple desexo de gañar altura empregando pedra. De feito, as primeiras construcións en poboados primitivos eran de planta circular, normalmente coa parte baixa de pedras, os muros de barro e cercadas de tal xeito que remataban sendo como unhas bólas semiesféricas. Así se pode observar nunha reconstrución do poboado de Khirokitia, en Chipre, un poboado que se remonta a mediados do século IV a. C.Sureda 1988: páx.80
Na antigüidade, a arquitectura común empregaba materiais doados de conseguir e manipular, tales coma o barro ou a madeira. Non obstante, este tipo de construcións non perduraban no tempo. Cando se desexaba un edificio máis lonxevo, coma unha tumba, ou un edificio emblemático, recorríase entón á pedra (ou ao ladrillo se non se dispoñía daquela). As primeiras construcións de pedra polo tanto obedeceron a propósitos funerarios ou relixiosos, e tanto en Exipto (mastabas) coma en América, inda que miles de anos despois, xa adoptaron unha forma troncopiramidal. A razón desta forma tamén se debía á necesidade de estabilizar as moreas de pedra, posto que, a causa da presión exercida pola acumulación de material, o terreo adoitaba ceder e afundirse polos lados, ocasionando gretas ou, no peor dos casos, derrubas.Ambrós 2000: páx.16
Co tempo, comezouse a edificar tumbas e plataformas relixiosas enriba das anteriores (quizais coa intención de manifestar maior poder que o predecesor).«Dades» a Egiptomania Este tipo de prácticas derivou nas pirámides graduadas; un tipo de construción moi similar aos cigurat mesopotámicos, que apareceron no século IV a. C. e que a partir do século III a. C. convertéronse en templos relixiosos. Coñécense unhas trinta e cinco torres cigurats construídas en vinte e sete cidades que datan desta época, e que perduran até a chegada do Imperio Neobabilónico ou Segundo Imperio Babilónico (626 a. C. - 539 a. C.). A construción en Babilonia da torre chamada Etemenanki, dedicada a Marduk, foi asociada coa torre bíblica de Babel, unha edificación que foi reconstruída varias veces até a súa completa destrución cara ao ano 323 a. C., ao pouco da derradeira tentativa de conservala por parte de Alexandre o Grande.Sureda 1988: pàg.303
Non queda constancia dos motivos que impulsaron o paso dende este punto á típica pirámide pentaédrica, inda que non é desatinado pensar que o salto formal fose simplemente estético. Existen dúas teorías fundamentais sobre esta cuestión: A dos positivistas —coma Ludwig Borchardt e Flinders Petrie—, que consideran que o resultado da forma da pirámide é o traballo de varias xeracións de arquitectos que, xunto coas posibilidades técnicas de cada momento, acadaron a forma arquitectónica perfecta. A dos simbolistas —coma Ernesto Schiaparelli—, que se fundamentan en significados de tipo simbólico, coma a asociación da pirámide ao disco solar, imaxe que se colle cando o sol xorde entre dúas montañas, polo cal, amais do seu uso funerario, tamén servía coma parte do culto ao deus Ra e á deusa Hator. Tamén Plinio afirmaba que os obeliscos eran coma raios de sol petrificados e que a súa forma xeométrica non era casual senón que representaba raios de luz que comezaban no extremo superior da pequena pirámide e chegaban até a súa base co fin de quentar a terra. Así as escaleiras das pirámides permitían aos faraóns a súa ascensión á rexión celestial e, amais, o feito representaba de xeito simbólico a enerxía imprescindíbel para a existencia da vida.Sureda 1988: páx.165 miniatura|left|300px|Pirámide de Zoser en Saqqara. miniatura|370px|Pirámide clásica en Dashur.
Pirámides de Exipto No período das primeiras dinastías do Antigo Exipto, os poderosos que tiñan medios económicos eran enterrados nunhas estruturas en forma de banco chamadas mastabas.Burial customs: mastabas. University College London (2001) Consultado o 14 de abril de 2005.Burial customs in Early Dynastic Egypt. University College London (2001). Consultado o 14 de abril de 2005. Posteriormente está documentada a construción dun tipo de pirámide atribuída ao arquitecto Imhotep, que deseñou o que os exiptólogos cren que é unha tumba para o faraón Djoser. Imhotep está considerado como o primeiro en concibir a idea de amorear mastabas unha sobre outra, creando así un edificio composto por unha serie de chanzos conseguidos cunha diminución da medida da base cara ao ápice. O resultado foi a pirámide graduada de Djoser, que foi deseñada para servir coma unha escaleira xigantesca mediante a cal a alma do faraón morto podía ascender cara aos ceos. Tal foi a importancia dos éxitos de Imhotep que, máis tarde, deificouse polos mesmos exipcios.Jimmy Dunn, Imhotep, Doctor, Architect, High Priest, Scribe and Vizier to King Djoser. Consultado o 14 de abril de 2005.
En Exipto, atopáronse 138 pirámides. A maioría foron construídas como tumbas para os faraóns do imperio e os seus consortes durante o Imperio Antigo e o Imperio Medio.Michael Ritter (2003) Dating the Pyramids. Consulta o 13 de abril do 2005 A Gran Pirámide de Gizeh, construída por Keops (Jufu), é unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo e é a única delas que sobrevive e pode ser vista na actualidade.
Simbolismo miniatura|250px|Sol sobre a Gran Pirámide de Gizeh. A forma das pirámides exipcias crese que representa o outeiro primordial, concepto que se basea nas crenzas que tiñan os exipcios sobre a creación da Terra. A forma dunha pirámide suponse que representa os raios do sol de poñente, e a maioría das pirámides revestíronse con pedra calcaria puída, dunha cor moi branca e reflectora que ó ser observadas dende a distancia, presentan un aspecto brillante; polo tanto, as pirámides manteñen unha relación coa luz solar. Por exemplo, o antigo nome da Pirámide curvada de Dahshur era «A pirámide luminosa do sur», e a Pirámide de Lahun de Senusret II, en Lahun, «Senusret luminoso».
Inda que, en xeral, hai acordo en afirmar que as pirámides eran monumentos funerarios, hai un desacordo sobre os principios teolóxicos que poderían ter enmarcado esta funcionalidade. Unha teoría afirma que podería haber sido deseñada como unha especie de «máquina de resurrección». The Pyramids: Resurrection Machines, Houghton Mifflin College. Consultado o 13 de abril de 2005. Os exipcios crían que a zona escura do ceo nocturno, arredor da cal semellan xirar as estrelas, era a entrada física aos ceos. Un dos eixes estreitos que se estenden dende a cámara mortuoria principal a través de todo o corpo da Gran Pirámide apunta directamente cara ao centro desta parte do ceo. Isto suxire que a pirámide podería haber sido deseñada como un medio para axudar a alma do faraón defunto na súa viaxe cara á residencia dos deuses. Todas as pirámides de Exipto foron construídas na ribeira oeste do Nilo, xa que na mitoloxía exipcia o solpor se asociaba co reino dos mortos.«Hidden History of Egypt» , The Discovery Channel, 2002–2004. Consultado o 13 de abril de 2005.
As pirámides elevábanse até o ceo e axudaban ao faraón, considerado un ser divino, no momento de abandonar a terra para facilitarlle o retorno á morada dos deuses, lugar de onde viñera. Por esta mesma razón, os exipcios crían que era necesario conservar o corpo e impedir que se corrompese; conseguíano mediante un método moi elaborado de embalsamamento. Xusto no centro da pirámide atopábase o sepulcro, normalmente de pedra, e arredor da cámara mortuoria había escritos con feitizos e conxuros para axudar o tránsito do morto cara ao outro mundo. Non só era importante conservar o corpo, senón que era necesario que houbese unha escultura co seu busto que se colocaba dentro da cámara sen que a vise ninguén, así a maxia funcionaba e a alma podía revivir. Os exipcios chamaban ao escultor como «aquel que mantén vivo».Gombrich 1994: pàg.55
Sistema e tipos de construcións miniatura|<center>Falsa cúpula en Gizeh. Algunhas pirámides non eran simples amoreamentos de pedra, xa que requirían para a súa construción moita habilidade, enxeño, capacidade organizativa e forza de man de obra. Inda que algunhas civilizacións, coma a exipcia, xa coñecen o arco de descarga, tomaron prestado dun xeito preferente as estruturas doeladas. De todos os xeitos, as padeiras de pedra non podían soportar as fortes presións exercidas sobre elas sen crebarse, de xeito que para abrir estadas e pasadizos interiores recorreron á técnica da falsa bóveda, solución arquitectónica que consiste en andar aproximando lixeiramente e de forma graduada as ringleiras dos muros; isto fai necesario facelo até conseguir un efecto similar ao dun arco apuntado, mais con doelas horizontais. Inda que todas as pirámides tiñan a mesma base cadrada e as mesmas diagonais que se elevaban en dirección ao punto central superior, as inspeccións arqueolóxicas demostraron que cada pirámide presentaba unhas variacións construtivas interiores diferentes, debidas principalmente a como se construía o núcleo central.Lehner 2003: páx.70