miniatura|Comparación das ás dun pterosaurio (1) e un morcego (2), ambos con pataxio. Esta membrana é funcionalmente análoga ao á das aves (3) Nos quirópteros e outros animais, o pataxio (en latín patagium) é a membrana de pel elástica e resistente que forma a superficie da á. É unha extensión da pel do abdome que se estende até a punta dos dedos unindo as extremidades superiores co corpo.

Quirópteros miniatura|esquerda|Morfoloxía da á de morcego O pataxio dos quirópteros ou morcegos (orde Chiroptera) divídese en catro seccións: Propataxio: o pataxio dende o ombreiro até o primeiro dedo, denominado polgar. Dactilopataxio: membrana interdixital excepto co polgar. Plaxiopataxio: porción que une o derradeiro dedo coas extremidades posteriores. Uropataxio: pataxio entre as extremidades posteriores, incluíndo partes ou a totalidade da cola.

Outros mamíferos que presentan pataxio

O pataxio non é exclusivo dos quirópteros. Algúns roedores e outros mamíferos presentan unha membrana de pel entre as extremidades e unida ao corpo que usan para planear a modo de paracaídas. Algúns destes animais son: Petaurus breviceps Galeopterus variegatus Cynocephalus volans Aeretes spp. Aeromys spp. Belomys spp. Biswamoyopterus spp. Eoglaucomys spp. Eupetaurus spp. miniatura|Pataxio visible nun exemplar de Cynocephalus volans Glaucomys spp. Hylopetes spp. Iomys spp. Petaurillus spp. Petinomys spp. Pteromys spp. Petaurista spp. Pteromyscus spp. Trogopterus spp.

Outros animais miniatura|Draco volans Tamén se denomina pataxio á membrana de pel que permite planear a algúns lagartos (como Draco volans) e anfibios (como Rhacophorus nigropalmatus). Nalgúns lepidópteros, o pataxio é un dos pequenos órganos sensoriais situados nas bases das ás anteriores. Nas aves, corresponde á pel que se estende entre o úmero ao carpo formando o límite da punta da á. Finalmente, tamén se denomina pataxio á membrana que permite saltar aos peixes da familia Exocoetidae.

Notas

Ligazóns externas batbox.org Chiroptera en Tree of Life Web Proyect

Categoría:Anatomía rexional animal