Emilia Docet Ríos, nada en Vigo o 9 de xullo de 1915 e finada o 22 de febreiro de 1995, foi unha deportista galega. Obtivo tamén os títulos de Miss Galicia e de Miss España en 1933.
Traxectoria
Modelo e deportista Filla de Francisco Docet, galego, e Emilia Ríos Renjifo, peruana, quen tiveron seis fillos. Estaba emparentada coa familia de Xosé Núñez Búa, fundador do Partido Galeguista. Estudou para perito mercantil en Vigo, e traballou no Laboratorio Miguel Servet. Destacou na natación durante a Segunda República Española como membro do Club Marítimo de Vigo. miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rei. Presentouse a Miss España en 1933,Mundo Gráfico 22/2/1933, páxinas 12, 13 e 37. nunha edición que patrocinaba o xornal Ahora. O 14 de febreiro dese ano gañou a final do concurso en Madrid. (2004). Historia de Galicia, p. 354, Vigo: Editorial Galaxia. Meses máis tarde presentouse a Miss Europa, que se celebraba tamén en Madrid, fronte a outras trece modelos europeas, e quedou como dama de honor. O triunfo foi para a rusa Tatiana Maslova. Posteriormente foi modelo das galletas Pitusín, «Tan Miss España como galleguista», El País, 9/1/2011., da empresa La Peninsular, que se fabricaban en Tui. «Breve historia de la Guerra Civil en Tuy», 21/6/2008.
Acción política
Militante do Partido Galeguista na agrupación local de Vigo,. «Las otras misses gallegas» , Faro de Vigo, 21/7/2009. o 16 de xuño de 1933 recibiu, canda Manuel Luís Acuña, unha homenaxe do partido no Hotel Miño de Ourense. A esta asistiron, entre outros, Vicente Risco, Ramiro Illa Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Eduardo Blanco Amor, Xohán Luís Ramos Colemán ou Manuel Peña Rey., «Un banquete galeguista», La Región, 14/12/2008. Durante a súa actividade política visitou o ministro de Agricultura republicano para que se lles levantase o embargo aos 7.000 labregos avalistas do empréstito estatal concedido para construír o matadoiro porriñés de MarucogaMiss España 1933: Emilia Docet , páxina web de Miss España.. Tamén foi a única muller que interveu no primeiro mitin das arengas, acto público do Partido Galeguista celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago de Compostela.
Vida persoal
En 1940 casou con Francisco Novoa Ortiz, funcionario axudante de obras públicas, que estivo destinado en Lugo, Pontevedra e no porto de Vigo, con quen tivo dous fillos, Juan e Francisco.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (1944). Sempre en Galiza (2007). "Docet, Emilia" en Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, p. 135-136, ISBN 978-84-8341-146-9. (2009). Emelina, la belleza que alumbró a la República: orígenes de los concursos de misses en España, 1929-1932, Deputación de Cidade Real. Ligazóns externas : «Aquel galeguismo de Miss España» Praza Pública, 25/4/2013. : «Emilia Docet. A Miss España galeguista» Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega. : «Ni musa ni galleguista. Familiares de Emilia Docet, Miss España en 1933, critican la tergiversación de su imagen» Faro de Vigo, 20/4/2013.
Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Gañadoras de Miss España Categoría:Nacionalistas galegos