The Fall on Deaf Ears foi unha banda estadounidense procedente de El Paso, Texas que destacou por contar na súa formación con Cedric Bixler-Zavala, membro de At the Drive-In e The Mars Volta, na batería, e Clint Newsom, de Rhythm of Black Lines e The Hades Kick, na guitarra. The Fall on Deaf Ears fixo un post-hardcore semellante ao de grupos como The Nation of Ulysses e Circus Lupus, e tocou en directo con bandas como Propagandhi, Egon e Select Your Fighter. A banda só gravou un feixe de cancións antes de que a baixista Laura Beard e a guitarrista Sarah Reiser morresen nun accidente de coche en 1997 cando só tiñan 17 anos. Cedric Bixler-Zavala compuxo posteriormente a canción "Napoleon Solo" cando estaba en At The Drive-in, falando da traxedia.
Notas
Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de El Paso, Texas