Antoni van LeeuwenhoekEse era o nome que empregaba para asinar as súas obras, nado en Delft o 24 de outubro de 1632 e finado o 26 de agosto de 1723, foi un neerlandés destacado como mercador, agrimensor, tratante de viño, vidreiro e microbiólogo. Van Leeuwenhoek é sobre todo coñecido polo microscopio inventado por el mesmo e mais polo seu traballo pioneiro nas áreas da bioloxía celular e da microbioloxía. Está considerado como un dos primeiros microscopistas e microbiólogos.Chung, King-thom; Liu, Jong-kang: Pioneers in Microbiology: The Human Side of Science. (World Scientific Publishing, 2017, ). "We may fairly call Leeuwenhoek “The first microbiologist” because he was the first individual to actually culture, see, and describe a large array of microbial life. He actually measured the multiplication of the bugs. What is more amazing is that he published his discoveries." Foi o primeiro en conseguir observar e describir organismos unicelulares. Foi un dos membros da Escola de Delft de microbioloxíaHistoria da Escola de Delft de Microbioloxía , na web da Universidade de Tecnoloxía de Delft. (En inglés).

Continuou os traballos de Jan Swammerdam (1637-1680), e foi tamén o primeiro a rexistrar observacións microscópicas de fibras musculares, bacterias, espermatozoides e fluxo sanguíneo en capilares.

A partir de 1674 fixo un bo número de achados que foron divulgados grazas á Royal Society de Londres.

Traxectoria miniatura|esquerda|250px|Vista de Delft, de Johannes Vermeer, 1661. Van Leeuwenhoek pasou toda a súa vida adulta na cidade de Delft. miniatura|esquerda|250px|O xeógrafo, de Johannes Vermeer. Dise que van Leeuwenhoek fixo de modelo para este retrato, xa que, segundo parece, eran moi amigos. Era fillo dos comerciantes de cestas Philips Teunisz Leeuwenhoeck e Margriete Jacobsdr van den Berch, casados en Delft o 30 de xaneiro de 1622, e que vivían nunha casa acomodada da rúa Leeuwenpoort.Payne (1970) p. 23. Foi batizado na igrexa reformada protestante.Rooseboom (1950) p. 79. Antes de cumprir os seis aos, o seu pai e dúas das súas irmás máis novas xa faleceran. A súa nai volve casar en 1640, metendo a van Leeuwenhoek nun internado na vila de Warmond, preto de Leiden.Payne (1970) p. 26. Pouco despois foi a vivir á casa dun tío en Benthuizen, vila situada ao nordeste de Delft. Cando tiña 16 anos o seu padrasto faleceu e a súa nai enviouno, como aprendiz de fabricante e tratante de panos, a Ámsterdan, para que ingresara no mundo laboral.Payne (1970) p. 27. Despois da súa aprendizaxe ocupou as funcións de contable e de caixeiro na casa do seu mestre.

Máis tarde regresou a Delft, onde residiría o resto da súa vida, e abriu a súa propia tenda de panos e mercería. Sábese moi pouco sobre as súas actividades comerciais. O 11 de xullo de 1654 casou con Berber (Bárbara) de Mey, filla dun comerciante de teas. Catro dos seus cinco fillos morreron novos. En 1660 obtivo o cargo de chambelán do Lord Rexente de Delft. En 1669 converteuse en agrimensor, e a partir de 1679 desempeña o posto de inspector e controlador de viños;Rooseboom (1950) p. 80. todo isto indica que van Leeuwenhoek ocupaba unha posición próspera na cidade.Hall (1989) p. 252. Crese que deixou o seu negocio de teas pouco despois de 1660, porque na súa correspondencia non o menciona.Rooseboom (1950) p. 82.

Carente dunha formación científica ortodoxa, en 1653 van Leeuwenhoek viu o seu primeiro microscopio simple, unha lupa montada nun pequeno soporte que era utilizado polos comerciantes téxtiles, cunha capacidade de ampliación de 3 aumentos, e que el adquiriu para o seu propio uso. Entusiasmado cos múltiples usos do microscopio, Leewenhoeck prefería os de lente pequena e única (biconvexa e con foco moi curto), isto é, microscopios simples ou lupas, a pesar de que os microscopios compostos xa eran comúns antes de 1650. Cos seus microscopios montados entre placas de metal conseguiu aumentos da orde da centena.

Segundo parece os seus postos de traballo municipais permitíanlle dedicar un tempo considerábel á súa paixón, a microscopía.. En 1666 a súa muller morre, e en 1671 casa con Cornelia Swalmius; van Leeuwenhoek sobreviviu á súa segunda esposa, que morreu en 1694,Life and work of Antoni van Leeuwenhoek of Delft in Holland; 1632-1723 (1980). Publicado polos Arquivos Municipais de Delft, p. 3. deixándoo ao cargo de María, única supervivente dos seus cinco fillos.Porter (1976) p. 266.

As súas finanzas son saneadas, e máis aínda cando herda unha casa da familia da súa primeira esposa. En 1666 compra un xardín nas aforas da cidade, e en 1681 adquire un cabalo. Un dato que indica a súa fortuna é a herdanza que lle deixa á súa filla María á súa morte, en 1745, unhas 90.000 guineas, que era unha suma considerábel para a época. Porén, algúns autores indican que van Leeuwenhoek "ocupou un modesto emprego municipal até a súa morte".Por exemplo Hamraoui (1999) p. 970.

Constantijn Huygens (1596-1687) escribiu:

"Pódese ver como o bo Leeuwenhoeck non se cansa de remexer por todas as partes até onde o seu microscopio pode chegar, e se boa parte doutros moito máis sabios tiveran dedicado o mesmo esforzo, o descubrimento de cousas belas iría moito máis lonxe".Carta do 4 de maio de 1679 extraída das en ligne Œuvres complètes de Christiaan Huygens, VIII : 159. Gallica.

Ora ben, observacións coma estas suscitaban a admiración dos científicos do seu tempo, aínda que posteriormente se lle criticara a súa falta de coñecementos científicos, acentuada a crítica polo feito de que non coñecía ningunha lingua estranxeira.

Porén, esta ausencia de coñecementos científicos permitiulle realizar as súas observacións desde un punto de vista novo, sen os prexuízos dos anatomistas da súa época.Rooseboom (1950) p. 83.

Deixou unha inmensa obra unicamente constituída por cartas (algunhas publicadas en Philosophical Transactions of the Royal Society), máis de 300, totalmente redactadas en neerlandés e a maioría enviadas á Royal Society.Boutibonnes (1999) pp. 58-59.Parker (1965) p. 443. miniatura|esquerda|250 px|Igrexa vella de Delft, onde está enterrado A. van Leeuwenhoek.

Nunha carta dirixida a Henry Oldenburg, datada o 30 de outubro de 1676, escríbelle que espera recibir dos seus correspondentes as obxecións ás súas observacións, e que se compromete a corrixir os seus erros.Ruestow (1983) p. 187.

Por outra parte, tamén responde aos primeiros sinais de escepticismo que xurdiran coa aparición das súas observacións cunha evidente confianza en si mesmo.

As súas observacións foron o suficientemente famosas como para que tivera que recibir a numerosos visitantes, algúns da altura da raíña María II de Inglaterra (1662-1694), do tsar Pedro o Grande (1672-1725) ou de Federico I de Prusia (1657-1713),Porter (1976) p. 263. ademais de filósofos e sabios, médicos e eclesiásticos. Van Leeuwenhoek realizou ante eles numerosas demostracións; por exemplo, mostroulle a Pedro o Grande a circulación sanguínea na cola dunha anguía.

Morreu o 26 de agosto de 1723 en Delft, á idade de 90 anos.Parker (1965) p. 442.

O 31 de agosto foi enterrado na Oude Kerk (Igrexa Vella) da cidadeLista de personaxes soterrados na igrexa . Sitio web oficial da Igrexa Vella de Delft (en castelán e inglés).. Durante a súa vida fabricou máis de 500 lentes. O seu desenvolvemento do microscopio foi utilizado e mellorado por Christiaan Huygens para a súa propia investigación sobre microscopía. Tense destacado tamén a influencia que exerceu sobre a Monadoloxía de Gottfried Wilhelm Leibniz.

Obra científica miniatura|esquerda|200px|Réplica dun microscopio de van Leeuwenhoek. Microscopios O desenvolvemento do microscopio máis antigo deuse por volta do século XVII por dous fabricantes de lentes: Hans Lippershey (1570– 1619) e Sacharias Jansen (ca. 1585 – ca. 1632), que están asociados ó descubrimento do microscopio e do telescopio. Grazas a lentes e lupas, Van Leeuwenhoek podía verificar a calidade dos tecidos fabricados: unha lupa de tres aumentos, coñecida como "contador de fíos". O neerlandés Jan Swammerdam (1637-1680) e o inglés Robert Hooke (1635-1703) utilizaron un microscopio composto por ocular e obxectivo, mais o poder de aumento non era tan elevado como o inventado por Van Leeuwenhoek. Mentres que o microscopio de Hooke tiña 30 aumentos, o de Leeuwenhoek chegaba até os 480. O museo universitario de Utrecht aínda posúe un exemplar de 270 aumentos. A investigación microscópica por Hooke levou en setembro de 1664 ao libro Micrographia: or Some Physiological Descriptions of Miniature Bodies Made by Magnifying Glasses. Neste libro Hooke describe minuciosamente unha célula vexetal, un ollo composto de mosca e unha pulga. Foi probabelmente esta publicación que levou Leeuwenhoek a apuntar as súas lentes a algo máis que os seus tecidos. Van Leeuwenhoek era un autodidacta: sen ningunha formación de ámbito científico e sen coñecemento de linguas estranxeiras conseguiu observar e describir os seus descubrimentos. En contraste co microscopio de Hooke, o de Van den Leeuwenhoek posuía invariabelmente unha lente entre dúas placas metálicas, a peza a estudar encontrábase sempre fixa con parafusos e nunha posición tal que puidese ser claramente observada.

Mentres desenvolvía o seu traballo como comerciante de tecidos, construíu para a observación da calidade das teas lupas moito mellores que as que se podían conseguir nese momento, tras aprender pola súa conta o soprado e o pulimento do vidro.

Desenvolveu tanto fixacións para pequenas lentes biconvexas montadas sobre platinas de latón, que se sostiñan moi cerca do ollo, ao xeito dos anteollos actuais, como estruturas tipo microscopio nas que se podían fixar tanto a lente coma o obxecto a observar. A través deles podía observar obxectos, que montaba sobre a cabeza dun alfinete, ampliándoos até trescentas veces (potencia que excedía con moito a dos primeiros microscopios de lentes múltiplas). Tamén empregou un método secreto que, probabelmente, fora o da iluminación con fondo escuro ou, quizais, en certos casos, o confinamento das súas mostras nunha gota de líquido.

A maior parte dos resultados das súas observacións microscópicas foron enviados á Royal Society en cartas ilustradas por el mesmo. O encargado de facelas chegar a esta prestixiosa sociedade foi o médico e anatomista neerlandés Regnier de Graaf (1641-1673), que presenta as primeiras observacións de van Leeuwenhoek en 1673. Nelas describe a estrutura do mofo e do aguillón das abellas.Porter (1976) p. 261. Comeza entón un intenso intercambio de cartas entre van Leeuwenhoek e os membros da sociedade científica londiniense, correspondencia que proseguirá durante case 40 anos, até a súa morte en 1723.Ver fundamentalmente Palm (1989).

A correspondencia era caracteristicamente pouco sistemática, de ton entusiasmado e redactada en neerlandés, e a súa fama atraeu ao seu lugar de residencia as visitas doutros colegas micoscopistas e mesmo persoas da realeza.

A Royal Society admíteo como membro en 1680, e a Academia das Ciencias de París noméao membro correspondente en 1699.

Á súa morte legou 26 microscopios á Royal Society que nunca se usaron e que, un século máis tarde, xa se perderan. O 29 de maio de 1747, dous anos despois da morte da súa filla María, véndese un lote de máis de 350 dos seus microscopios. Deles, 247 estaban completos, moitos conservando aínda o último espécime observado. Dous destes instrumentos tiñan dúas lentes e un contaba con tres.Porter (1976) p. 264. miniatura|esquerda|250px|Debuxo dos microscopios de van Leeuwenhoek realizado por Henry Baker.