Dropkick Murphys é unha banda estadounidense de celtic punk/hardcore punk formada en Quincy, Massachusetts no ano 1996. Comezaron a tocar xuntos no soto dunha barbería mesturando folk-rock tradicional irlandés con punk rock, coñecido como celtic punk. As súas influencias inclúen a Stiff Little Fingers, The Pogues, The Clash, Thin Lizzy, The Dubliners e Swingin' Utters.
A banda fíxose un nome grazas ás súas extensas xiras por todo o mundo e os seus concertos no Día de San Patricio, que se celebran nos arredores de Boston e son lendarios. O grupo é tamén coñecido polo seu patrocinio aos equipos Boston Red Sox e Boston Bruins.
En 2017, participaron non Resurrection Fest.
Discografía Álbum Ano Selo Do or Die 1998 Hellcat Records The Gang's All Here 1999 Hellcat Records Sing Loud, Sing Proud! 2001 Hellcat Records Blackout 2003 Hellcat Records The Warrior's Code 2005 Hellcat Records The Meanest of Times 2007 Born & Bred Records Going Out in Style 2011 Born & Bred Records 11 Short Stories of Pain & Glory 2017 Born & Bred Records Turn Up That Dial 2021 Born & Bred Records This Machine Still Kills Fascists 2022 Dummy Luck Music Okemah Rising 2023 Dummy Luck Music For the People 2025 Dummy Luck Music
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da banda
Categoría:Grupos musicais de celtic punk Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de oi! Categoría:Grupos musicais de Massachusetts Categoría:Grupos musicais formados en 1996