O aini ou ainú é unha lingua turca que se fala na República Popular da China. Non se debe confundir co ainú que se fala no Xapón.
Falantes Contaba cun total de 6.570 falantes no ano 2000.
Distribución xeográfica Fálase nos condados de Hetian, Luopu, Moyu, Shache, Yingjisha e Shulekuche, preto da antiga cidade de Kashgar, no sur da Rexión Autónoma de Xinjiang.
Características Para algúns lingüistas o aini é un dialecto do uigur, co que comparte a mesma estrutura gramatical, pero arredor do 30% do vocabulario do aini é de orixe persa.
Véxase tamén Ligazóns externas O aini no Ethnologue
Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas aglutinantes