Ian McEwan ('i:ən mə'kju:ən), nado en Aldershot (Hampshire) o 21 de xuño de 1948, é un novelista inglés.
Traxectoria Estudou na Universidade de Sussex e na Universidade de East Anglia, onde tivo como profesor a Malcom Bradbury. A primeira das súas obras que saíu á luz foi a colección de relatos First Love, Last Rites (1975). En 1997 publicou Enduring Love, arredor dunha persoa que sofre a síndrome de Clerambault. En 1998 recibiu o Booker Prize por Amsterdam, o que causou certa controversia.
En marzo e abril de 2004, uns meses despois de que o goberno británico o invitase a cear con Laura Bush, Primeira Dama dos Estados Unidos, o Departamento de Seguridade Nacional dese país impediulle a entrada ao mesmo por non ter o visado apropiado para traballar (McEwan estaba preparando unha serie de conferencias remuneradas). Foille permitida a entrada varios días despois, logo de facerse público na prensa británica, por mor da mala publicidade que estaba a causar.
Obra Novelas The Cement Garden (1978). The Comfort of Strangers (1981). The Child in Time (1987). The Innocent (1990). Black Dogs (1992). Enduring Love (1997). Amsterdam (1998). Atonement (2001). Saturday (2005). On Chesil Beach (2007). Solar (2010).
Relatos First Love, Last Rites (1975, Premio Somerset Maugham). In Between the Sheets (1978).
Ficción infantil Rose Blanche (1985). The Daydreamer (1994).
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Ian McEwan .
Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Novelistas do Reino Unido Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Inglaterra