Mika Toimi Waltari, nado en Helsinqui o 19 de setembro de 1908 e finado na mesma cidade o 26 de agosto de 1979, foi un escritor finlandés, famoso especialmente pola súa novela Sinuhé, o exipcio.
Traxectoria Fillo dun pastor luterano, quedou orfo aos cinco anos. Comezou a estudar teoloxía na Universidade de Helsinqui, pero acabou interesándose pola literatura e a filosofía. En 1925 publicou o seu primeiro libro, unha novela de encarga, pero foi na súa estadía en París en 1927 cando escribiu a súa primeira novela por iniciativa propia, Suuri illusioni. Nesa época Waltari converteuse nun dos líderes do movemento literario inspirado no futurismo italiano e ruso, aínda que terminaría por adoptar posicións ultraconservadoras.
Durante a Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación traballou no servizo de información do goberno. En 1945 publicou a novela histórica (en galego, Sinuhé, o exipcio), baseada na Historia de Sinuhé exipcia, que é a súa novela máis popular e recoñecida; nela analiza a perda dos valores espirituais nun mundo materialista.
Véxase tamén
Ligazóns externas Mika Waltari seura
Categoría:Escritores en lingua finesa Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados en Helsinqui