Bié é unha das 18 provincias de Angola. Ten unha superficie de 70.314 km² e unha estimación de 1 350 000 habitantes (2006). A súa capital é Kuito.
Xeografía A provincia atópase no centro de Angola e limita polo norte coa provincia de Malanje, polo nordeste coa provincia de Lunda Sul, polo leste coa de Moxico, polo sur coa de Cuando Cubango e polo oeste coas provincias de Huíla, Huambo e Cuanza Sul.
O seu clima fresco e con abundantes choivas, que fan posible o cultivo de millo, cana de azucre, arroz, café e cacahuete.
A meseta de Bié, na que se sitúa a provincia, está conectada por ferrocarril co océano Atlántico.
Morfoloxicamente, o territorio caracterízase polo ser un altiplano cunha altitude máxima de 1852 msnm. A terra é da máis fértil de Angola e ten polo leste e polo norte o río Cuanza, que nace nesta provincia, que ao discorrer para o norte marca parte da fronteira con Malanje. Polo suroeste discorre o río Cuchi, un afluente do río Cubango.
As principais poboacións da provincia son: Kuito (114.791 hab.), Camacupa (19.347 hab.), Catabola (19.281 hab.), Catumbela (17.369 hab.) e Chisamba (7755 hab.).
Demografía A poboación da provincia en 1992 estimábase de 1 119 000 habitantes. De acordo coas estatísticas do goberno estadounidense de 1988, a poboación da provincia era de 1 044 000.Estatísticas do goberno estadounidense de 1988 Estímase que 201.600 persoas desta provincia vivían en zonas urbanas e que 843.400 en zonas rurais.
A provincia contaba con 1 125 000 de habitantes en 1991, estimándose no 2006 de 1 794 387 persoas.Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola.
Linguas Nesta provincia, a lingua nacional que predomina é o umbundo.
Municipios miniatura|Pícaros nunha escola de Kuito.
Os municipios desta provincia son: Andulo Nharea Cunhinga Chinguar Chitembo Catabola (Nova Sintra) Camacupa (General Machado) Cuemba (Neves Ferreira) Kuito (Silva Porto)
Comunas As comunas desta provincia son: Munhango Caivera Sachinemuna Andulo Belo Horizonte Cambândua Chicala Chinguar Chipeta Chitembo Chiuca Chivaúlo Dando Gamba Kachingues Kaiei Kalucinga Camacupa (Kamakupa) Kangote Kassumbe Catabola (Katabola) Kuemba Kuito Cunhinga (Kunhinga) Kunje Kutato Kwanza Luando Lúbia Malengue Mumbué Mutumbo Nharea Ringoma Sande Soma Kwanza Sto António da Muinha Trumba Umpulo
Notas
Categoría:Provincias de Angola