A Extraliga Checa (en checo Extraliga ledního hokeje ou ELH) é a máxima competición de hóckey sobre xeo na República Checa e catalogada pola IIHF como a terceira liga nacional máis importante de Europa. Esta liga é unha importante canteira de xogadores, exportando talentos tódolos anos ás dúas grandes ligas do mundo, a Kontinental Hockey League (KHL) eurasiática e á National Hockey League (NHL) norteamericana. Actualmente está integrada por 14 equipos e o club máis laureado da historia da competición é o VHK Vsetín con seis títulos ligueiros. A televisión que retransmite a competición é a Česká televize.
Historia Esta liga creouse en 1993 trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e de Eslovaquia, polo cal a Liga checoslovaca se dividiu en dúas ligas: a Extraliga Checa e a Extraliga Eslovaca.
Denominacións ao longo da súa historia En moitas ocasións o nome da liga estivo vencellado a un patrocinador, polo que a súa denominación foi variando moito ao longo da súa historia:
Na tempada 1999-2000: Staropramen Extraliga Na tempada 2001-02: Český Telecom Extraliga Dende o 2003 ao 2006: Tipsport Extraliga Dende o 2007 ao 2010: O2 Extraliga Dende o 2010: Tipsport Extraliga
Formato A Extraliga Checa está formada por 14 equipos que xogan un total de 52 partidos na liga regular. Os 10 mellores equipos ao final da liga regular disputan os play-offs polo título, mais coa particularidade de que os equipos que finalizaron entre o 7º posto e o 10º disputan unha rolda eliminatoria previa no formato do mellor de cinco encontros para decidir que dous equipos acompañarán aos seis mellores nos cuartos de final do play-off, que se disputan ao mellor de sete encontros.
Dende a tempada 2006-07, o equipo que consegue a vitoria no tempo regulamentario consegue tres puntos, se gaña na prórroga dous puntos e o equipo que perde na prórroga recibe un punto. Se fora necesario, realizaríase unha quenda de penaltis para decidir ao gañador do encontro.
Os catro últimos clasificados ao final da liga regular (dos postos 11 ao 14) disputan un play-out pola permanencia na máxima categoría, xogando 12 partidos entre eles nos que as vitorias conseguidas na liga regular contan para a clasificación. O último clasificado da liguiña descende á Primeira División, mentres que o gañador consegue a permanencia, mentres que o último clasificado xoga unha serie ao mellor de sete partidos contra o campión da Primeira División, o perdedor desta serie xoga á tempada seguinte na segunda categoría.
Equipos participantes na tempada 2012-13
NomeCidadeEstadioCapacidadeFundaciónCampionatosBílí Tygři Liberec 12px LiberecTipsport Arena7.50019560Mountfield České Budějovice 12px České BudějoviceBudvar Arena6.42119280Energie Karlovy Vary 12px Karlovy VaryKV Arena6.00019321ČSOB Pojišťovna Pardubice 12px Pardubice ČEZ Arena10.19419233HC Plzeň 12px PlzeňČEZ Arena8.42019291PSG Zlín 12px ZlínZimní stadion Luďka Čajky7.50019281Verva Litvínov 12px LitvínovZimní stadion Ivana Hlinky7.00019450Rytíři Kladno 12px KladnoZimní stadion8.60019240Slavia Praha 12px PragaO2 Arena17.36019002Sparta Praha 12px PragaTipsport Arena13.99519034Oceláři Třinec 12px TřinecWerk Arena5.20019291Vítkovice Steel 12px OstravaČEZ Aréna9.82119280Piráti Chomutov 12px ChomutovČEZ Arena5.05019450HC Kometa Brno 12px BrnoKajot Arena7.20019530
NOTA: A localización dos equipos no mapa corresponde coa tempada 2010-11
Palmarés TempadaCampiónResultadoFinalista —1º da liga regular1993-94HC Olomouc 3 - 1 HC Pardubice -HC Kladno1994-95HC Dadák Vsetín 3 - 1 AC ZPS Zlín -HC Dadák Vsetín1995-96HC Petra Vsetín 4 - 1HC Chemopetrol Litvínov -HC Sparta Praha1996-97HC Petra Vsetín 3 - 0HC Vítkovice -HC Petra Vsetín1997-98HC Petra Vsetín 3 - 0HC Železárny Třinec -HC Petra Vsetín1998-99HC Slovnaft Vsetín 3 - 0HC ZPS Barum Zlín -HC Slovnaft Vsetín1999-00HC Sparta Praha 3 - 0HC Slovnaft Vsetín -HC Sparta Praha2000-01HC Slovnaft Vsetín 3 - 1HC Sparta Praha -HC Slovnaft Vsetín2001-02HC Sparta Praha 3 - 1HC Vítkovice -HC Sparta Praha2002-03HC Slavia Praha 4 - 3HC Pojišťovna Pardubice -HC Pojišťovna Pardubice2003-04HC Hamé Zlín 4 - 1HC Slavia Praha -HC Moeller Pardubice2004-05HC Moeller Pardubice 4 - 0HC Hamé Zlín -HC Hamé Zlín 2005-06HC Sparta Praha 4 - 2HC Slavia Praha -HC Bílí Tygři Liberec2006-07HC Sparta Praha 4 - 2HC Moeller Pardubice -HC Bílí Tygři Liberec2007-08HC Slavia Praha 4 - 3HC Energie Karlovy Vary -HC Mountfield České Budějovice2008-09HC Energie Karlovy Vary 4 - 2HC Slavia Praha -HC Slavia Praha 2009-10HC Eaton Pardubice 4 - 0HC Vítkovice Steel -HC Plzeň 19292010-11HC Oceláři Třinec 4 - 1HC Vítkovice Steel -HC Oceláři Třinec2011-12HC ČSOB Pojišťovna Pardubice4 - 2HC Kometa Brno -HC Sparta Praha2012-13HC Škoda Plzeň4 - 3PSG Zlín -PSG Zlín
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Federación Checa de Hóckey Xeo Novas de hóckey sobre xeo en idnes.cz
Extraliga