John David Tangi, nado o 13 de novembro de 1950 en Alofi (Niue), é un ministro eclesiástico e político das Illas Cook.
Traxectoria
Tangi, que ten o título tradicional de Itaaka Rangatira e é o voceiro de Makea Vakatini Ariki, foi á escola primaria en Rarotonga e comezou a secundaria na illa rematándoa en Niue. Os estudos universitarios realizounos de 1978 a 1981 na Universidade do Pacífico Sur de Suva (Fiji) e en 1981 na Universidade de Hawaii, tamén estudou teoloxía (1990-1992) e mais é pastor das Asembleas de Deus. Resultou elixido por vez primeira para o Parlamento das Illas Cook nas eleccións de 2006 como demócrata en representación da circunscrición de Tupapa/Maraerenga. En xullo de 2010 perdeu nas eleccións primarias do seu partido e optou por presentarse como independente nas eleccións de 2010, quedando o último de catro candidatos co 9.5% dos votos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento das Illas Cook
Categoría:Políticos das Illas Cook Categoría:Personalidades do protestantismo das Illas Cook Categoría:Pastores protestantes