miniatura|300x300px|A familia de linguas romances (incompleto). As linguas italo-occidentais son, nalgunhas clasificacións das linguas romances, o maior subgrupo destas. Componse de dous subconxuntos, italodálmata e occidental.

Subgrupos O Italodálmata inclúe o italiano, linguas do centro e sur de Italia, como por exemplo o napolitano e o siciliano, así como o istriota, xudeoitaliano, corso e o extinto dálmata. O Occidental inclúe trinta e dúas linguas, divididas en diferentes subgrupos: O grupo pirenaico-mozárabe consiste en dúas linguas separadas: o aragonés (relacionado co extinto navarroaragonés) e o mozárabe. O grupo galoibérico, que inclúe: O subgrupo galorrománico, que inclúe: As linguas occitano-romances do sur de Francia, que inclúen tódolos dialectos occitanos (como o gascón, auvernés...) O subgrupo galoitaliano, que inclúe ao piemontés, ao lígur, ao lombardo, ao emiliano-romañol e ao véneto. O subgrupo retorrománico, que inclúe ao romanche, ao ladino e ao friulano. O subgrupo das linguas de oïl, que inclúen ao francés, e outras linguas faladas en Francia como o galó, o normando ou o arpitano. O grupo iberorrománicas, que inclúe linguas como o galego, portugués, catalán, castelán, leonés etc.

Véxase tamén Outros artigos Linguas romances

Ligazóns externas Linguas italo-occidentais en Ethnologue