Jerome Karle, nado o 18 de xuño de 1918 en Nova York e finado o 6 de xuño de 2013 en Annandale (Virxinia), foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1985.
Traxectoria Tras cursar estudos secundarios na Abraham Lincoln High School de Nova York, pasou a estudar química e física na Universidade de Nova York, na que se graduó en 1937. Posteriormente ampliou estudos na Universidade Harvard, na que levou a cabo un máster en 1938, e para rematar na Universidade de Detroit Misericordia en Míchigan, na que se doutorou en 1944.
Investigación científica Involucrouse inicialmente no Proxecto Manhattan para a fabricación da bomba atómica, xunto á súa esposa, Isabella Karle, unha das poucas mulleres involucradas no proxecto.
Especialista en cristalografía, como director de investigación do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos en Washington iniciou unha colaboración co matemático Herbert A. Hauptman na procura de estruturas cristalinas moleculares de átomos lixeiros para analizar os correspondentes espectros de difracción de raios X dos neutróns e electróns mediante novos métodos matemáticos. Os resultados destes estudos contribuíron de modo decisivo a mellorar o coñecemento de temas de química inorgánica como a determinación de radios iónicos e atómicos de átomos metálicos, as estruturas de complexos inorgánicos e compostos intermetálicos.
En 1985 foi galardoado, xunto a Herbert A. Hauptman, co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.
Faleceu como consecuencia dun cancro de fígado nun fogar de anciáns.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1985 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1985 Jerome Karle en Biografías y Vidas Perfil de Jerome Karle en NNDB
Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América