Manuel Vidal Villaverde, nado en Vigo en 1946 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 2024, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria Colaborou como xornalista en El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe e Atlántico Diario (sección “Camelias Street”), con artigos preferentemente literarios. Publicou tamén diversos traballos nas revistas Man Común, Grial e Cuadernos para el diálogo, e mostras do seu labor poético en Coordenadas (poesía galega actual) e en Nordés. Foi membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Obra Poesía Luceiros fuxidíos (1994). A Coruña: Espiral Maior. ISBN 978-84-88137-22-7. A sombra do inimigo (1998). A Coruña: Espiral Maior. 56 páxs. ISBN 9788489814394. Palabras para cando ti e mais eu sexamos vellos.Publicado en Internet.

Ensaio Contra o tempo (2003). Santiago: Laiovento. 194 páxs. ISBN 9788484870296. Manuel María: entre santos e navallas (2016). Santiago: Laiovento. 74 páxs. ISBN 978-84‐8487‐328‐0.

Obras colectivas Alma de beiramar, 2003, AELG. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.

Traducións Soñar en Roncesvalles, de Francisco Javier Ocaña Eiroa, 1995, Xunta de Galicia. Do castelán para o galego.

Premios

1997: Premio Julio Camba. 2003: Premio Puro Cora

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1946

Categoría:Finados en 2024