miniatura|Clásicos en Galego 6:Anfitrión e Asinaria Anfitrión é unha traxicomedia do poeta latino Tito Maccio Plauto.

Argumento A obra conta como Xúpiter (Zeus) toma a aparencia de Anfitrión para enganar á súa muller, Alcmena, e así gozar dunha longa noite de paixón con ela. Coa axuda do seu fillo, o deus Mercurio, transformado no escravo Sosia, consegue os seus propósitos, creando unha serie de malentendidos nos que reside a comicidade da obra. Destas relacións do deus con Alcmena naceu o heroe Heracles.

Adaptacións A obra foi traducida ao galego por Mercedes Voado e María Xesús Frei, publicada en 1991 por Editorial Galaxia xunto con Asinaria, co número 6, na colección Clásicos en Galego.

Tamén foi adaptada ao teatro en 2012 por Cándido Pazó co título de E ti quen vés sendo? para Talía Teatro.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Clásicos en Galego Ligazóns externas The Latin Library - Texto orixinal en latín

Categoría:Obras de teatro en latín Categoría:Obras traducidas do latín ao galego