A lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo, popularmente coñecida como lei antitabaco, veu regula-la venda e publicidade do tabaco e establecer os lugares onde se prohibe fumar, así como as condicións que deben reuni-las zonas nas que se permite. A denominación oficial é Lei 28/2005, de 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco. Entrou en vixencia o 1º de xaneiro de 2006.

As novidades máis relevantes respecto á situación da normativa legal ata esa data foron a prohibición de fumar en tódolos centros de traballo e a obrigatoriedade de establecer zonas libres de fume nos lugares de lecer (bares, cafeterías e establecementos de restauración) dunha superficie superior ós 100 m2.

O 30 de decembro de 2010, ditouse unha modificación –lei 42/2010- que estendeu a prohibición de fumar a tódolos lugares de lecer, independentemente do seu tamaño.

Contidos máis relevantes da Lei 28/2005 miniatura|300px|Máquina expendedora de tabaco no interior dun bar. A lei antitabaco 28/2005 transcribe á normativa española a directiva 2003/33/CE relativa á aproximación das disposicións dos Estados membros en materia de publicidade dos produtos do tabaco, que se ditara co obxectivo de unifica-la lexislación que, nos diferentes países da Unión Europea, regulaba a publicidade en prensa, radio e televisión do tabaco e as formas de promoción e patrocinio, sempre dentro do respecto ó libre mercado e a libre circulación en Europa dos medios de comunicación. Esta directiva prohibe a publicidade na prensa ou outras publicacións impresas distintas das destinadas exclusivamente ós profesionais do comercio do tabaco, así como nos servizos da sociedade da información. Prohibe tamén toda forma de publicidade de produtos do tabaco na radio, así como o patrocinio de calquera programa de radio por empresas dedicadas á fabricación ou venda de tabaco.

A transposición ó ordenamento nacional desta directiva foi máis lonxe có que prevía a mesma e representou un claro endurecemento das políticas contra o tabaco. Os aspectos máis destacados desta nova lei afectaron ós seguintes puntos: Venda e subministración: só poderá facerse na rede de expendedurías de tabaco, polo que queda prohibida, xa que logo, a venda directa fóra dos estancos, onde tampouco se permite que o fagan persoas menores de 18 anos. En tódolos locais onde se venda tabaco haberá carteis visibles que informen da prohibición de venda a menores de 18 anos e advirtan dos prexuízos derivados do consumo de tabaco. Permítese tamén a venda nos locais onde se poida fumar, pero só a través de máquinas expendedoras automáticas, que deberán situarse no interior dos locais, e de forma que poidan ser vixiadas e controladas polos responsables do establecemento, dotadas cun mecanismo que asegure que non poidan acceder a elas os menores. Na parte frontal exhibirán advertencias similares ás citadas anteriormente. Prohíbese a venda en centros e dependencias da Administración pública, en centros sanitarios ou de servizos sociais, en centros docentes de calquera tipo, en centros culturais ou deportivos, en centros de esparcimento destinados a menores de idade ou en calquera lugar onde estea prohibido fumar. Zonas nas que se prohibe fumar: mantéñense as zonas onde xa se prohibía fumar en normativas anteriores, ás que se engaden, ademais dos lugares indicados no punto anterior, as seguintes: centros de traballo, públicos ou privados; zonas destinadas á atención directa ó público; centros comerciais, grandes superficies e galerías; cabinas telefónicas, caxeiros automáticos e outros espazos reducidos (de menos de 5 m2); tódolos medios de transporte (urbano, interurbano, de empresa, taxis, ambulancias, funiculares etc., así como no metro, trens, barcos e avións No caso do metro, a prohibición inclúe estacións, corredores etc.) ou estacións de servizo e similares. En todo caso, exclúense das zonas prohibidas citadas os espazos situados ó aire libre. Espazos nos que se poden habilitar zonas de fumadores: autorízase a creación de zonas nas que se permita fumar en hoteis, hostais e similares; bares, cafeterías e restaurantes, salas de festa e de xogo, cines, teatros e estacións de autobuses ou de trens. Estas zonas para fumadores deberán estar sinalizadas de forma ben visible En castelán e nas linguas cooficiais., separadas fisicamente do resto das dependencias (non permitíndose a tal fin as zonas de paso obrigatorias) e dotadas de sistemas de ventilación independente. Nestas zonas para fumadores non se permitirá a presenza de menores de 16 anos. Publicidade e patrocinio: prohíbese a publicidade e promoción do tabaco en tódolos medios de comunicación e en calquera soporte, coa única excepción das publicacións dedicadas exclusivamente ós profesionais do sector ou as presentacións promocionais dirixidas a estes mesmos destinatarios. Outra excepción a esta prohibición de publicidade permitía que aparecese nos eventos deportivos de coches e motos, para os que se concedeu unha prórroga de tres anos.

No tocante a bares e cafeterías establecéronse distintas posibilidades segundo a superficie útil do establecemento. Cando a superficie útil fose inferior a 100 m2 deixábase á vontade do propietario permitir fumar ou non no local. No caso dos establecementos de maior tamaño, considerábanse, en principio, como espazos libres de fume pero podían reservar unha zona para fumadores sempre que esta non superase un 30% da superficie Como norma base para habilitar zonas de fumadores en locais públicos estableceuse un máximo do 10%, que se incrementaba ata o 30% no caso dos hoteis, hostais, bares, cafeterías, establecementos de resturación, salas de festa e establecementos de xogo. nin, en todo caso, supera-los 300 m2. Os hoteis podían reservar un máximo do 30% das súas habitacións para fumadores.

Para a realización das obras necesarias para cumpri-los requisitos de separación (paredes divisorias e sistemas de extracción de aire), concedéuselle ó sector hostaleiro un prazo de oito meses, ata o 1º de setembro de 2006. Transcorrido ese prazo, as inspeccións realizadas en Galicia detectaron que case a metade dos locais non realizaran as reformas para adaptarse á lei "El 45% de los locales revisados en Galicia incumplen la ley antitabaco", en La Voz de Galicia, 9.09.2006. A noticia concretaba que, de 166 establecementos inspeccionados en toda Galicia desde o 1º de setembro, 75 non se adaptaban á lei..

Desenvolvemento da lei 28/2005 nas comunidades autónomas A lei delegaba nas comunidades autónomas o desenvolvemento da norma no relativo á concreción de certos aspectos, como a forma e colocación das advertencias ó público que indicaran se se permitía fumar ou non, as características da separación entre zonas de fumadores e non fumadores ou o concepto de superficie útil. Porén, non tódalas comunidades publicaron o decreto correspondente: Galicia, por exemplo, non chegou a publicalo aínda que circulou un borrador; comunidades como Castela e León, Valencia, Madrid ou Murcia si que o fixeron (Murcia non o fixo ata o verán de 2008), mentres que outras se limitaron a defini-lo formato dos carteis de advertencia. Tampouco os programas de inspección que desenvolveron foron homoxéneos, polo que o resultado foi un nivel de cumprimento moi irregular e fortes enfrontamentos entre o goberno central e algúns gobernos autonómicos, como o madrileño. Así, Castela e León só esixía separar con calquera elemento que garanta que o espazo destinado a non fumadores permaneza libre de fumes; Madrid permitía fumar en vodas e celebracións privadas (tamén Castela e León), así como nas cafeterías de empresa, ademais de prorrogar por seis meses máis o prazo de adaptación. En consecuencia, as diferenzas no tratamento da lei dalgunhas comunidades foron consideradas polo goberno central como unha desvirtuación da norma, polo que recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza os decretos promulgados por Valencia, Castela e León, A Rioxa e Madrid "El Gobierno recurrirá los reglamentos que traten de rebajar la ley antitabaco", en La Voz de Galicia, 5.09.2006."Sanidad pide la suspensión del decreto madrileño que permite fumar en banquetes", en La Voz de Galicia, 14.11.2006..

Como se dixo, Galicia non chegou a promulgar ningún decreto autonómico para desenvolve-la norma aínda que o 9 de agosto de 2006 se presentou un borrador ós sectores afectados "La Xunta prohíbe vender tabaco en los bares de menos de cien metros", en La Voz de Galicia, 10.08.2006.. Neste borrador que, segundo o Director Xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, pretendíase amplia-los dereitos dos non fumadores e restrinxir máis os espazos para fumadores, respecto ós mínimos establecidos na lei, prohibíase, por exemplo, a venda de tabaco en tódolos bares e cafeterías de menos de 100 m2, independentemente de que o propietario permitise fumar ou non. A separación dos espazos de fumadores e de non fumadores debía ser unha barreira física, sólida, do chan ó teito e con porta de peche automático. Engadía outra novidade: que o 80% das sancións impostas por infraccións a esta norma se destinasen ó desenvolvemento de programas de investigación, educacióin, prevención e control do tabaquismo.

Inspección e grao de cumprimento miniatura|esquerda|300px|Fumando espero... As inspeccións oficiais para comproba-lo cumprimento da lei comezaron inmediatamente trala súa entrada en vigor, aínda que fundamentalmente foron como consecuencia de denuncias presentadas. A modo de exemplo, a prensa informaba que en Galicia houbo, durante o primeiro mes, 21 denuncias (15 por fumar en zonas prohibidas, 4 por sinalización incorrecta e 2 por colocación inadecuada das máquinas expendedoras) "El incumplimiento de la ley antitabaco ha generado ya 21 denuncias en Galicia", en La Voz de Galicia, 28.01.2006.. A 10 de maio, tras 4 meses de aplicación da lei, había 176 denuncias (o 80% por fumar en zonas prohibidas, o 14% por sinalización ausente ou incorrecta e o 6% polas máquinas expendedoras) "La falta de una norma gallega retrasa la aplicación de la ley antitabaco", en La Voz de Galicia, 20.05.2006.. En agosto, tras 7 meses, as denuncias eran xa 271 e publícanse por primeira vez as inspeccións de oficio, en número de 311. Como resultado destas actuacións incoáronse, a esa altura, 53 expedientes sancionadores, 37 deles por faltas graves (permitir fumar en zonas prohibidas) "El presidente del sector asegura que 'parece que queren que a hostelería peche'", en La Voz de Galicia, 10.08.2006..

Durante o primeiro ano de vixencia da norma, 1.121 establecementos de hostalaría, dos 2.527 inspeccionados, presentaba distintos tipos de incumprimento, o que se traduciu en 208 expedientes sancionadores "La Xunta ha impuesto 208 sanciones durante el primer año de la ley antitabaco", en La Voz de Galicia, 30.12.2006.. Un ano máis tarde -decembro de 2007- o 60% dos locais de máis de 100 metros seguía incumprindo a norma "La ley antitabaco acarreará multas de hasta 12.000 euros para 83 bares", en La Voz de Galicia, 18.12.2007. Nótese que estas porcentaxes se refiren ós establecementos inspeccionados, non ós establecementos existentes..

Moitos establecementos realizaron as obras necesarias para adaptarse ás novas normas, nuns casos reducindo a superficie útil para non supera-los 100 m2 que obrigaban á segregación, noutros casos illando zonas reservadas para fumadores, pero seguía sendo habitual o consumo de tabaco en locais onde a norma o prohibía, así como a presenza de menores en locais onde se fumaba.

Modificación da lei