Xurxo Torres Santomé, nado en Castro de Rei o 2 de xuño de 1951, é un pedagogo e ensaísta galego. É un especialista en políticas educativas, multiculturalismo e currículo integrado. Tamén é coñecido polo seu activismo na defensa da escola pública e pola denuncia da influencia do neoliberalismo nas políticas actuais.
Traxectoria Estudou na Universidade Pontificia de Salamanca, onde conseguiu o doutoramento en 1979 e traballou como profesor até 1980. Dende 1984 a 1991, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela ademais de profesor visitante na Universidade de Wisconsin-Madison no Department of Curriculum and Instruction and Educational Policy Studies.
Dende 1991 é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, e tamén dirixe o departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e coordina o Grupo de Investigación en Innovacións Educativas da mesma universidade.
A súa obra está orientada á investigación curricular, interdisciplinariedade, análise de políticas educativas, multiculturalismo, pedagoxía crítica e formación do profesorado. Ten publicado máis dun cento de artigos en libros e revistas de pedagoxía de España, Estados Unidos e América Latina en galego, castelán, inglés e portugués.
Tamén é colaborador habitual en revistas especializadas entre elas: Cuadernos de Pedagogía, Pedagogy, Culture & Education, Education Policy Analysis Archives, Kikirikí, Currículum Sem Fronteiras, A Página da Educaçâo, Aula de Infantil; Revista Brasileira de Educaçâo, Educaçâo e Realidade; Aula de Innovación Educativa; Investigación en la escuela, Teias, In-fan-cia, Signos. Teoría y Práctica de la Educación, O Ensino, Perspectiva Cep etc. Ten colaborado con organizacións pedagóxicas como a AS-PG.
En 1972, militou na UPG.
Obra en galego e portugués Ensaio A educação infantil (1991). Ourense: Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa. O currículum oculto (1995). Porto: Porto Editora. Globalização e interdisciplinariedade. O currículo integrado (1998). Porto Alegre: Artmed Editora. ISBN 9788573073133 Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo: lección inaugural na solemne apertura do curso académico 2001-2002 da Universidade da Coruña (2001). A Coruña: Universidade da Coruña. A educação em tempos de neoliberalismo (2003). Col. Educação, teoria e crítica. Porto Alegre: Artmed Editora. ISBN 9788536301389 A desmotivação dos professores (2006). Mangualde (Portugal): Edições Pedago. ISBN 9789728980146 Multiculturalismo anti-racista (2008) Porto: ed. Profedições. ISBN 978-972-8562-53-3
Obras colectivas Pra unha educación preescolar galega (1978). Santiago de Compostela: Xistral. Con Montse Erauskin. Ensinar Historia de Galicia. Aspectos historiográficos e didácticos (2002). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Con Luís Martínez-Risco Daviña e Ramón Villares. Novos enfoques no ensino universitario (2008). Vigo: Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. ISBN 978-84-8158-366-3 Obra en castelán Ensaio La educación en la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago: (S.XVIII-XIX) (1979). Salamanca: Universidade de Salamanca. ISBN 84-7481-047-7 El currículum oculto (1991). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471123510 Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado (1994). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 84-7112-372-X La desmotivación del profesorado (2006). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471125101 Educación en tiempos de neoliberalismo (2002). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 84-7112-459-9 La justicia curricular: el caballo de Troya de la cultura escolar (2011). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata. ISBN 9788471126337 Políticas educativas y construcción de personalidades neoliberales y neocolonialistas (2017). San Sebastián de los Reyes: ed. Morata, ISBN 9788471128218
Obras colectivas I Simposium sobre el proceso de socialización: ponencias y comunicaciones (1988). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago. El marco curricular en una escuela renovada (1988). Col. Integración escolar, 1. Con Coll Salvador, C.; Gimeno Sacristán, J; e Santos Guerra, M. A. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia e Edit. Popular. ISBN 9788486524531 Ventos de desescolarização. A nova ameaça à escolarização pública (2003). Con Paraskeva, João M. e Apple Michael W. Lisboa: Plátano editora. ISBN 978-9727702305
Obra en inglés Globalisms and Power: Iberian Education and Curriculum Policies. (2012), con Joao M. Parakeva. Nova York: Peter Lang Publishing Inc. ISBN 9781433115547
Premios Premio Alexandre Bóveda no 1978, por Pra unha educación preescolar galega.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Multiculturalismo Interdisciplinariedade Currículo oculto
Ligazóns externas Páxina do autor na Universidade da Coruña Páxina particular do autor Un currículo optimista fronte á desmemoria e o fatalismo: lección inaugural na solemne apertura do curso académico 2001-2002 da Universidade da Coruña (2001). A Coruña: Universidade da Coruña.
Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade Pontificia de Salamanca