Black Hawk Down é un filme estadounidense de 2001 gañador de 2 premios Óscar, mellor son e mellor montaxe, dun total de 4 participacións. Foi dirixido por Ridley Scott e escrito por Ken Nolan. O argumento baséase no libro homónimo de Mark Bowden que narra o feito real acontecido durante unha misión estadounidense de pacificación, con mandato da ONU, en Somalia, en 1993.

Sinopse Durante outubro de 1993, soldados estadounidenses de elite, Rangers e Delta Force son enviados a Mogadixo, Somalia, como parte dunha operación de paz das Nacións Unidas: os cargamentos de alimentos enviados pola ONU son sistematicamente roubados polas milicias dos señores da guerra, notablemente Mohamed Farrah Aidid, o máis poderoso, que non dubidan en ametrallar a inocentes civís para conseguilo. O xeneral William F. Garrison (EEUU) está ao mando da operación que, segundo os seus asesores, non debería levar máis aló de dúas semanas, mais os final tarda máis tempo do debido, polo que Washington impaciéntase. Entón establécese unha nova misión, levada a cabo polas forzas Rangers e Delta dos Estados Unidos. O obxectivo é capturar a un grupo de guerrilleiros liderados por Aidid que promoven o estado de anarquía e con eles como reféns, negociar o fin da guerra civil. Cando empeza a misión todo parece ir ben; un grupo de helicópteros UH-60 Black Hawk e OH-6 Little Bird con membros dos Delta Force e dos Rangers abordo diríxese a Mogadixo, nun aparente estado de calma. Un espía infiltrado sobre o terreo indica onde se reúnen os personaxes a capturar. Pero a guerra urbana é un escenario complexo onde os helicópteros son gravemente vulnerables ao fogo desde edificios, especialmente ás granadas autopropulsadas (RPG).

Cando un dos soldados Rangers cae dun helicóptero, comezan seriamente os problemas. Un dos rebeldes logra impactar a un Black Hawk e derrúbao, outro dos helicópteros que acode ao rescate tamén é impactado. Con dous helicópteros derribados, a misión convértese nunha misión de rescate. É un escenario inesperado que se abre nun momento de graves problemas, xa que as milicias non só están ben armadas, senón que se confunden entre as masas de persoas. Soldados da ONU de Malaisia, Paquistán e EUA entran por terra ante a gravidade da situación. Vulnerables tamén ás granadas autopropulsadas e aos AK-47 das milicias, pronto se encontrarán con feridos e falecidos entre as súas filas.

Ao final convértese a misión nunha desesperada carreira contra reloxo para rescatar aos caídos, atrapados e feridos nunha cidade que se converteu en zona de combate mortal. Lograrán finalmente conducir os superviventes cara a salvación. Esgotados e feridos, son recibidos á entrada da zona segura (un estadio deportivo) por pícaros rindo que corren e xogan, paquistanís amables con bandexas de té e auga. Os refachos dos AK-47 aínda soan tras eles.

Personaxes 75th Rangers Josh Hartnett como Sarxento Matt Eversmann Ewan McGregor como Especialista John "Grimesey" Grimes Tom Sizemore como Tenente Coronel Danny McKnight Ewen Bremner como Shawn Nelson Gabriel Casseus como Mike Kurth Hugh Dancy como Sarxento Airborne Ranger Kurt "Doc" Schmid Ioan Gruffudd como Tenente John Beales Tom Guiry como Ed Yurek Charlie Hofheimer como Jamie Smith Danny Hoch como Sarxento Dominick Pilla Jason Isaacs como Capitán Michael D. Steele Brendan Sexton III como Soldado Richard "Alphabet" Kowalewski Brian Van Holt como Jeff Struecker Ian Virgo como John Waddell Tom Hardy como Lance Twombly Gregory Sporleder como Scott Galentine Carmine Giovinazzo como Mike Goodale Chris Beetem como Casey Joyce Matthew Marsden como Dale Sizemore Orlando Bloom como Todd Blackburn Enrique Murciano como Lorenzo Ruiz Michael Roof como John Maddox

Delta Force Eric Bana como Sarxento Norm "Hoot" Gibson William Fichtner como Sarxento Jeff Sanderson Kim Coates como Sarxento Xefe Tim "Griz" Martin Steven Ford como Tenente Joe Cribbs Željko Ivanek como Tenente Gary Harrell Johnny Strong como Sarxento Randy Shughart Nikolaj Coster-Waldau como Gary Gordon Richard Tyson como Sarxento Daniel Busch

160th SOAR – Night Stalkers Ron Eldard como Michael Durant Glenn Morshower como Tenente Tom Matthews Jeremy Piven como Clifton Wolcott

Misceláneos Sam Shepard como Xeneral William F. Garrison George Harris como Osman Atto Razaaq Adoti como Yousuf Dahir Mo'alim Treva Etienne como Firimbi Ty Burrell como Timothy A. Wilkinson

Galardóns Premios Óscar

Ano Categoría Receptor(es) Resultado 2001Mellor montaxePietro ScaliaGañador 2001Mellor sonMichael Minkler Myron Nettinga Chris MunroGañadores 2001Mellor directorRidley ScottNomeado 2001Mellor fotografíaSlawomir IdziakNomeado

Premios BAFTA Ano Categoría Receptor(es) Resultado 2001Mellor montaxePietro ScaliaNomeado 2001Mellor fotografíaSlawomir IdziakNomeado 2001Mellor sonChris Munro Per Hallberg Michael Minkler Myron Nettinga Karen M. BakerNomeados

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tráiler Black Hawk derribado en HD

Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua somalí Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Revolution Studios Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes ambientados en 1993 Categoría:Filmes ambientados en Somalia Categoría:Filmes ambientados en Mogadixo