The Boxer é un filme irlandés dirixido por Jim Sheridan que se estreou en 1997.
Sinopse Danny Flynn sae da prisión de Belfast, tras cumprir unha sentenza de catorce anos pola súa participación en actividades do IRA. Coa firme determinación de non volver ao seu sanguento pasado, reabre no seu barrio un vello ximnasio para adestrar a novas promesas do mundo do boxeo, sen ningunha clase de discriminación política ou relixiosa. Ao mesmo tempo, retoma a relación coa súa antiga moza Maggie, unha muller cuxo marido está no cárcere.
Personaxes Daniel Day-Lewis como Danny Flynn Emily Watson como Maggie Brian Cox como Joe Hamill Ken Stott como Ike Weir Gerard McSorley como Harry Ian McElhinney como Reggie Bell
Galardóns e nomeamentos 1998: Festival de Berlín: Sección oficial de longametraxes.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes dirixidos por Jim Sheridan Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes sobre o IRA Categoría:Filmes ambientados en Irlanda do Norte Categoría:Filmes ambientados en Belfast