Ana y los siete é unha serie de televisión emitida por Televisión Española entre 2002 e 2005 e que ten como protagonista a Ana Obregón.

En 2012, TVE decidiu volver a emitir a serie en substitución do magacine +Gente durante o verán pola falta de presuposto. Desde o 3 de xullo de 2012 é emitida de luns a venres polas tardes antes da segunda edición do Telediario.

Sinopse

Ana é unha stripper que consegue por accidente o traballo de aia nunha luxosa mansión onde vive un adiñeirado viúvo con sete fillos (de diferentes idades, desde a moza universitaria á nena de cinco anos), o seu mordomo e a cociñeira. Nela, escondendo a súa "dobre vida", sofre numerosas aventuras e namórase do viúvo.

Elenco Ana Obregón, como Ana García Roberto Álvarez, como Fernando Hidalgo Silvia Marsó, como Alexia Vázquez de Castro Isabel Gaudí, como Sharon Daniel Freire, como David Hidalgo Javivi, como Bruno Aurora Sánchez, como Manuela Claudia Molina, como Carolina Hidalgo Aarón Guerrero, como Fernando "Nando" Hidalgo Noelia Ortega, como Amalia Hidalgo Nerea García, como Celia Hidalgo Alejandro Gallego, como Álex Hidalgo Guillermo Gallego, como Guille Hidalgo Ruth Rodríguez, como Lucía Hidalgo Micky Molina, como Tony Juan Antonio Quintana, como Nicolás Mónica Randall, como Rosa Neus Asensi, como Silvia

Audiencias Tempada Espectadores Share Primeira 7 061 000 30,6% Segunda 8 064 000 34,7% Terceira 7 970 000 31,8% Cuarta 6 791 000 26,9% Quinta 6 756 000 25,4%

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da serie en IMDb.com

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Televisión Española