"Just Like Heaven" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como terceiro sinxelo do seu álbum Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me o 5 de outubro de 1987. O grupo escribiu gran parte da canción durante as sesións de gravación no sur de Francia en 1987. A letra foi escrita polo seu líder, Robert Smith, que inspirouse nunha viaxe pasada á costa coa súa futura esposa. Antes de que Smith completara a letra, unha versión instrumental da canción foi usada como tema para o programa de televisión francés Les Enfants du Rock. A canción converteuse no primeiro éxito de The Cure en Estados Unidos e en 1988 acadou o número 40 nas listas da Billboard. Foi eloxiada pla crítica e versionada por artistas como Dinosaur Jr. e Katie Melua. Smith ten dito que considera a "Just Like Heaven" unha das cancións máis fortes da banda.

Listaxe de cancións 7" - Fiction "Just Like Heaven" [edited remix] (3:17) "Snow in Summer" (3:26)

7" - Elektra "Just Like Heaven" [edited remix] (3:17) "Breathe" (4:47)

12" - Fiction "Just Like Heaven" [remix] (3:29) "Snow in Summer" (3:26) "Sugar Girl" (3:14)

12" - Elektra "Just Like Heaven" [remix] (3:29) "Breathe" (4:47) "A Chain of Flowers" (4:55)

Categoría:Sinxelos de 1987 Categoría:Cancións de The Cure Categoría:Composicións musicais de rock alternativo