Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria Como xogador Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.

En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.

Como adestrador Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.

Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.

Selección nacional Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Elche CF Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Adestradores do Girona FC