Gaizka Toquero Pinedo, nado en Vitoria o 9 de agosto de 1984, é un futbolista vasco. Xoga de dianteiro, na demarcación de segundo punta, e o seu actual equipo é o Real Zaragoza.

Traxectoria Gaizka Toquero comezou a xogar no CD Ariznabarra de Vitoria (País Vasco). Posteriormente estivo no SD Lemona e máis tarde fichouno o Sestao River. Aos poucos foi collendo forma ata que o Athletic Club fíxase nel en 2008. Como non entraba nos plans de Joaquín Caparrós foi cedido á SD Eibar grazas ao novo técnico armeiro, Carlos Pouso, que xa o adestrara no Sestao, pero foi recuperado no mercado de inverno polo Athletic Club.

O 4 de marzo de 2009 marcou o tanto definitivo fronte ao Sevilla FC (3-0) para clasificar o Athletic, 24 anos despois, para a final da Copa do Rei. Marcou o seu primeiro gol en Liga o 21 de abril de 2009, ante o Club Deportivo Numancia de Soria no Nuevo Estadio Los Pajaritos; fixo o 1-1, nun partido que rematou 1-2.

O día 13 de maio de 2009 marcou o único gol do Athletic Club na final da Copa do Rei de 2009, na que o seu equipo caeu derrotado por 1-4 fronte ao FC Barcelona.

Marcou o primeiro gol do Athletic Club na liga 2009-10, conseguindo os tres puntos do equipo contra o RCD Espanyol. Tamén marcou contra o Sporting de Xixón, o FC Barcelona e o Tenerife. Contra o Valladolid logrou o seu primeiro dobrete en Primeira División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Toquero en Athletic Club.net Estatísticas do xogador en futbolmercado.es

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do SD Lemona Categoría:Xogadores do Sestao River Club Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés B Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Real Zaragoza