"Gone!" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Wild Mood Swings o 2 de decembro de 1996. O tema acadou o número 60 na lista británica de sinxelosThe Cure nas listas británicas.
Gravouse un vídeo para a canción nun concerto nos Ánxeles en agosto de 1996. O tema non tivo demasiado éxito comercial e rara vez foi tocada ao vivo, aínda que a banda interpretouna no programa Later with Jools Holland.
Listaxe de cancións CD1 Reino Unido "Gone!" (radio mix) "The 13th" (feels good mix) "This is a Lie" (ambient mix) "Strange Attraction" (strange mix)
CD2 Reino Unido "Gone!" (radio mix) "Gone!" (critter mix) "Gone!" (Ultra Living mix) "Gone!" (spacer mix)
Persoal Robert Smith: voces, guitarra Simon Gallup: baixo Perry Bamonte: teclados Roger O'Donnell: teclados Jason Cooper: batería
Notas
Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Composicións musicais de rock alternativo Categoría:Cancións de The Cure