Waterworld é un filme pos-apocalíptico de ciencia ficción. Foi dirixido por Kevin Reynolds e escrito conxuntamente entre Peter Rader e David Twohy. Foi estreado en 1995.

O filme está ambientado nun futuro distante. A pesar de que non se cita unha data exacta no filme, crese que podería ser o ano 2500.The Making of Waterworld by Janine Pourroy (agosto de 1995). Production designer Dennis Gassner states: "The date was 2500." Os casquetes polares están completamente derretidos e o nivel do mar incrementouse centos de metros, cubrindo case toda a superficie da terra. O filme ilustra isto cunha variación do logo de Universal Pictures, que comeza de forma corrente coa imaxe da Terra, pero logo vese como a auga vai cubrindo gradualmente o planeta ata que a terra queda totalmente somerxida. O argumento do filme xira arredor dun anti-heroe sen nome, "O Mariñeiro", un viaxeiro que navega a Terra no seu trimarán.

Sinopse No futuro os casquetes polares derreteron e a auga cobre a total superficie do planeta. Por este motivo, a auga doce é o ben máis prezado que existe, e os seres humanos sobreviven en plataformas flotantes na busca incesante de auga potable e lembrando unha lenda, segundo a cal nalgún lugar existe terra seca. O Mariñeiro (Kevin Costner) é un viaxeiro solitario que vive do comercio de obxectos. Un día chega a un atol de chatarra e vende terra ós seus habitantes, pero eles, ó decatarse de que é un mutante (metade peixe, metade humano), condénano a morte.

Personaxes Kevin Costner como O Mariñeiro. É o protagonista da historia. Trátase dunha mutación de home-peixe con branquias funcionais e membranas nas extremidades, que lle permiten nadar velozmente. É solitario e reservado. Dennis Hopper como O Diácono. É o principal inimigo. É o líder dun grupo de delincuentes chamados Smokers, que se adican á pillaxe e ó asasinato dos escasos asentamentos flotantes (atol) dos superviventes da inundación. O seu obxectivo é atopar Terra Seca. Jeanne Tripplehorn como Helen. É unha muller que vive ó coidado de Enola nun atol. Cre na existencia de Terra Seca, e por iso salva da morte ao mariñeiro, para que lles axude a atopala. Tina Majorino como Enola. É unha nena orfa procedente de Terra Seca, que leva unha tatuaxe nas costas, que en realidade é un mapa con indicacións para volver ó seu lugar de orixe. Sempre está facendo debuxos de árbores e animais aínda que non os lembra moi ben, e non sabe o que son. Enola significa "só" ("Alone" escrito ó revés).

Galardóns e nomeamentos 1995: Nomeamento ó Oscar: Mellor son. 1995: Nomeamento BAFTA: Mellores efectos visuais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Kevin Reynolds Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Davis Entertainment Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados no futuro