Sabino Enrique Peinador Vela, nado en Pontevedra o 7 de outubro de 1847 e finado en Mondariz Balneario o 6 de outubro 1917 foi un médico e empresario galego.
Traxectoria miniatura|A Enrique Peinador Vela. En 1869 licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, establecéndose en Pontevedra e dedicándose ao estudo dos centros hidrolóxicos da provincia. En 1871 foi nomeado director do Balneario de Caldelas de Miño. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Ramón Peinador Vela, obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador". En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906, en que o relevou o seu fillo Enrique Peinador Lines.
Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocarril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Posuía unha imprenta na que se editaron numerosas publicacións. Foi vogal da Cámara de Comercio de Vigo.
Véxase tamén
Bibliografía
Gónzalez Pérez, Clodio: "Peinador Vela, Sabino Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Outros artigos Balneario de Mondariz Enrique Peinador Lines Ligazóns externas Fontes de Gándara e Troncoso Concello de Mondariz Balneario.
Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1917