Gustavo Pernas Cora, nado en Viveiro o 26 de novembro de 1959 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2018, foi un dramaturgo, actor e director teatral galego.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realizou diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid.
Desde 1985 dedicouse profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Actor e director de dobraxe. Desde 1997 impartiu aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 fundou con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. Algunhas das súas obras foron publicadas ou estreadas en Francia, Uruguai ou Portugal.
Obra literaria Teatro O galego, a mulata e o negro, 1999, Tris Tram. Comedias paranoicas, 2000, Xerais. Inclúe "Ladraremos", "Fábula" e "Anatomía dun hipocondríaco". Footing, 2001, Deputación da Coruña. Paso de cebra e Sucesos, 2004, Laiovento. Final de película, 2006, Deputación da Coruña. Medidas preventivas, 2006, Biblos Club de Lectura. Taras mínimas, 2007, Embora. Crier aux Abois, 2008. Editions de L' Amandier. Tres logomonos. 2011. Laiovento. Inclúe "Colgados", "Pisados" e "Snakizados". Isóbaras, 2013, Xerais.
Ensaio Os ollos de Victorine e a construcción da cuarta parede, 2006, Laiovento.
Obras colectivas "Ladraremos, en La Nueva Dramaturgia Gallega.1998. ADE. (Asociación de Directores de España) Escola Superior de Arte Dramática. 1998. Consello da Cultura Galega. "Ruínas", en Casahamlet, 2000. "A vella sensación do prohibido", en Casahamlet, 2001.
Galicia e a residencia teatral. 2001, Consello da Cultura Galega. "Mentres falo contigo", en Casahamlet", 2004. Pegadas no camiño, 2004. Acción contra el hambre. "Caníbales na cidade", en Casahamlet, 2005.
"Avispas en febrero", en Estreno. "As pílulas do doutor Negrín", en Casahamlet, 2006.
Palabras na montaña. 2006, Abano "Elevador 05", en Casahamlet, 2007. "90 Cabalos", en A Fontanela. 2007, Galicia Hoxe. "Azuis", en Vidas do Mar. 2008, Autoridade Portuaria da Coruña. "Detrás da noticia", en Casahamlet, 2008.
"Mala Estrela", en Casahamlet, 2010. "Colgados", en Erregueté 2010. "Comodín de Miranda", en Casahamlet, 2011.
15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento. "A sucursal" en Banqueiros, 2012, Laiovento. "Johnny Guitar cabalga de novo", en Casahamlet, 2013. "Círculo vicioso", en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. 2013.
Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
"Móbiles", en Cadernos de Mariñán 1. III Encontro de Escritores Galegos. Deputación da Coruña.
Premios literarios Premio Compostela no 1991, por O Galego, A Mulata e O Negro. Premio María Casares no 1996, por Ladraremos. Premio Rafael Dieste no 2001, por Footing. Premio Rafael Dieste no 2005, por Final de película. Premio Max das Artes Escénicas no 2006, por Paso de cebra. Premio Max das Artes Escénicas no 2007, (ex aequo) por Final de Película. Premio AELG de teatro no 2007, por Medidas preventivas. Premio Roberto Vidal Bolaño, 2008, (xunto a Anxela G. Abalo e Ancora Produccións a toda a traxectoria) Concello de Gondomar. Premio Álvaro Cunqueiro no 2012, por Isóbaras. Premio Maruxa Villanueva do Concello de Padrón no 2013, por Snakizados. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura dramática de 2013, por Isóbaras.
Obras de teatro representadas O galego, a mulata e o negro, 1990, pola que recibe o Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático (1991) sendo nomeado como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo. Ladraremos -Comedia de amor e medo-, 1996, que acada o I Premio María Casares de Teatro Ó Mellor Texto Dramático Orixinal, quedando finalista como Mellor Actor Protagonista e Mellor Espectáculo. Fábula -Comedia nun só acto... sexual-, 1997. Nomeada en seis apartados no II Premio María Casares de Teatro, Mellor Espectáculo, Mellor Texto Dramático Orixinal, Mellores Actores Protagonistas, Mellor Escenografía e Mellor Vestiario. Anatomía dun hipocondríaco -Comedia Médica-, 1998. Nomeada no III Premio María Casares como Mellor Texto Dramático Orixinal e Mellor Escenografía Sucesos, 2000. Footing, 2001, Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. Paso de Cebra, 2004. Final de película, 2006. Medidas Preventivas, 2007. Taras Mínimas, 2007 e 2010. Cronicaragua, 2008 Colgados, 2009. Pisados, 2011. Snakizado''s, 2012. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Gustavo Pernas Cora na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1959 Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Actores de Viveiro Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Finados en 2018