Benito Pereira Domínguez, nado en Lantemil (A Illa, Entrimo) o 14 de maio do 1964 e finado no mesmo lugar o 18 de marzo do 2023, foi un escritor en galego e castelán.

Traxectoria Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Parapsicoloxía impartido por Compustar, Brownsville, Texas, Estados Unidos de América; VF Astrologer, Lleida; e Enxeñeiro Técnico Téxtil pola Universidade Politécnica de Terrassa. Traballou durante dous anos en La Región.

Obras en galego Ensaio Lobios e a súa comarca, 1991, edición do autor. Val do Limia, 1995, edición do autor.

Narrativa Ramboia, 2005, Glifo.

Obras en castelán Ensaio Entrimo, Villa Jardín, 1988, edición do autor. La villa de Laxe, 1999, Ediciones Cardeñoso, Vigo. Rodrigo de Villandrando, Conde de Ribadeo, 2008, Glifo.

Narrativa Nasciturus, 2003, Cardeñoso.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Entrimo Categoría:Nados en 1964

Categoría:Finados en 2023