Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.
Traxectoria miniatura|Con Rosalía Fernández Rial, Pontevedra, 25/05/2018 Especialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.
No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.
É coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia. Colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega. En 2023 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
Edición Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (2017). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero (2006). Ed. con Dolores Vilavedra. Vigo: Editorial Galaxia.Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero en Google Books. Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. II (2010). Ed. con Pilar Sampedro. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Ensaio Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño (2013). Vigo: Galaxia. Libro DVD, o texto de Montse Pena e Gonzalo Enríquez Veloso é autor do documental que acompaña o libro. 76 páxs. ISBN 978-84-9865-480-6. Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (2018). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 172 páxs. ISBN 978-84-8487-404-1. A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida (2018). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-156-4. Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias (2021). Vigo: Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-620-0. Ax(e)itar a lingua. Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino (2022). Con María Caamaño Rojo. Federación de ensino da CIG en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Didáctica
Unidade didáctica para Bacharelato sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia. Unidade didáctica para Educación Secundaria Obrigatoria sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia.
Tradución Eric Carle. A eiruguiña comellona (2011). Kókinos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1981 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega