Non é un país para vellosA Galega estrea este mércores "Non é un país para vellos" (en ) é un filme dirixido polos irmáns Coen no 2007. Baséase na novela homónima de Cormac McCarthy. Está protagonizado por Tommy Lee Jones, Javier Bardem e Josh Brolin e conta a historia dun home corrente ó cal o azar lle dá unha fortuna que non lle pertence. Os temas do destino, a conciencia e as circunstancias xa foran tratados noutros filmes dos irmáns Coen como Sangue fácil e Fargo.
A longametraxe obtivo catro Premios Óscar na edición de 2008: mellor filme, mellor director, mellor guión adaptado e mellor actor secundario para Javier Bardem. Estreouse en galego na TVG o 26 de xaneiro de 2011.
Sinopse
Ed Tom Bell (Tommy Lee Jones) é un shériff dun condado ao oeste de Texas. Lamenta o aumento da violencia nunha rexión que en tempos do seu pai e do seu avó, tamén shériffs, fora máis tranquila. No ano 1980, Llewelyn Moss (Josh Brolin), un cazador de antílopes que se atopa preto do Río Grande, descobre un día uns homes mortos a balazos, un cargamento de heroína e dous millóns de dólares en efectivo. Leva os cartos á súa casa, e á noite, comesto polos remordementos, volve ao lugar para darlle auga a un home moribundo. Dous homes perségueno, e perde o seu vehículo. Regresa a casa, colle os cartos e dille á súa muller, Carla Jean (Kelly Macdonald), que vaia a casa da súa nai, e marcha a un hotel do condado veciño, escondendo a maleta dos cartos no conduto do aire acondicionado.
Anton Chigurh (Javier Bardem), un asasino a soldo contratado para recuperar os cartos, estrangula un axente do shériff para escapar e rouba un coche. Mediante un radiotransmisor oculto na maleta dos cartos, persegue a Llewelyn. Chega á habitación do lado da deste e mata os mexicanos que están nela, mais cando se decata de que a maleta estaba no conduto do aire, o outro home xa marchara. Nun hotel nunha cidade da fronteira con México Moss decátase de que leva o radiotransmisor. Prodúcese un tiroteo entre el e Anton, e os dous fican feridos. Moss escapa cara a México e é levado a un hospital. Carson Wells (Woody Harrelson), outro axente contratado, ofrécelle protección a cambio dos cartos.
Logo de que Anton cure as súas propias feridas, vai ó hotel de Wells e mátao. Recibe unha chamada de Moss, e dille a este que o próximo lugar ao que irá será onde a súa muller para matala, a menos que lle devolva os cartos. Moss cítase coa súa muller nun hotel en El Paso para darlle os cartos e evitar poñela en perigo. Acepta a oferta para salvar o seu home, pero non chega a tempo e só logra ver unha camioneta con homes marchando do lugar e Moss morto na habitación.
Esa noite o shériff Bell regresa á escena do crime e atopa a pechadura rota segundo o estilo que fora deixando Anton. Este escóndese trala porta dunha habitación do hotel, observando a través dun burato. Bell entra na habitación de Moss e observa que a cuberta do conduto de ventilación fora aberta. Carla Jean regresa do funeral da súa nai, e atopa a Chigurh no seu dormitorio. Ela dille que non ten os cartos, e el dille que ten que matala porque llo prometera a Moss. Ofrécelle a opción de salvar a súa vida acertando cara ou cruz nunha moeda lanzada ao aire, pero ela dille que non, que a elección é del. Chigurh sae da casa só e marcha nun coche, mais é ferido nun accidente de tráfico. Escapa andando cun brazo roto.
Xa retirado, Bell cóntalle dous soños coa súa muller (Tess Harper).
Personaxes Tommy Lee Jones como Shériff Ed Tom Bell Javier Bardem como Anton Chigurh Josh Brolin como Llewelyn Moss Kelly Macdonald como Carla Jean Moss Woody Harrelson como Carson Wells Garret Dillahunt como Deputado Wendell Tess Harper como Loretta Bell Barry Corbin como Ellis Beth Grant como Agnes Stephen Root como o home que fere a Chigurh Gene Jones como Thomas Thayer Brandon Smith como oficial da INS
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joel e Ethan Coen Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes ambientados en 1980 Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego