O País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria, en galego literalmente: Pobo Vasco ou País do éuscaroReal Academia da Lingua Vasca sobre a denominación Euskal Herria, Real Academia da lingua vasca) é unha naciónSegundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra." No Dicionario de galego Digalego.com, Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado." con trazos culturais e históricos comúns ben definidos (entre eles a presenza da lingua éuscara), pero que non representan unha unidade administrativa única.

Comprende os territorios que corresponden aproximadamente á área lingüística vasca en tempos históricos. No presente, estes territorios están divididos entre os estados español e francés, gardando niveis de autonomía moi diferentes. A unión destes territorios é defendida por sectores nacionalistas e independentistas da sociedade, e a maioría deles empregan o termo Euskal Herria en oposición ao termo Euskadi, que, segundo eles, abrangue só os territorios da Comunidade Autónoma Vasca e que é un neoloxismo utilizado no ámbito oficial que ten a súa orixe en Sabino Arana.

Este territorio ocupa unha superficie de 20.664 km² no vértice occidental dos Pireneos, no Mar Cantábrico (Golfo de Biscaia). Ten a súa propia lingua, o éuscaro (minorizada fronte ao francés e o castelán), e unha poboación de preto de tres millóns de habitantes, habitando dous millóns e medio deles no estado español e o resto no francés. Intégrano sete provincias (en éuscaro: herrialdeak): Áraba, Biscaia, Guipúscoa (País Vasco), Navarra, que conforman o Hegoalde; e Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que conforman o Iparralde.

A lingua vasca hogano é falada habitualmente nalgunhas rexións, sobre todo en Guipúscoa, no leste de Biscaia e no terzo norte de Navarra. Noutras, o éuscaro foi substituído polo castelán e/ou polo francés. Hogano, o éuscaro ten categoría de lingua oficial na Comunidade Autónoma Vasca e na zona vascófona navarra, mais non ten recoñecemento oficial na rexión so administración francesa.

Orixe A expresión Euskal Herria, está documentado dende o século XVILibro Gran Enciclopedia Larousse 1988, ISBN 84-320-7379-2 tomo 9. Aparece nun texto manuscrito de Joan Pérez Lazarraga datado en 1564-1567 e na tradución da Biblia de Joannes Leizarraga publicada en 1571. Comeza a ser empregado en castelán fundamentalmente a partir de século XIX, non obstante en castelán ten sido máis frecuente historicamente a forma Vasconia«Nombres y conceptos». Columna de José Luis Lizundia no diario El País, 2 de outubro de 2006..

O termo Euskal Herria aparece por primeira vez escrito en dialecto arabés no manuscrito de Lazarraga (1564). Aparece en tres distintas ocasións e en todas elas baixo a forma de Hegoalde, é dicir, sen o H, perdida segundo Mitxelena cara ao século XIII e como euskal (ou neste caso euskel) e non eskual ou uskal (como no caso de Iparralde).

“beti çagie laudatu çegaiti doçun eusquel erria aynbat bentajaz dotadu.” (f. 18)

“çegayti eusquel errian dira ederr guztioc dotadu”. (f. 18v)

“çeñetan ditut eçautu eusquel erriau oy nola eben erregue batec pobladu”. (f. 18v)

Deste uso xeral de "Euskal Herria" dá testemuño, entre outros moitos, Joanes Leizarraga, sacerdote protestante labortano falecido cara ao ano 1605, autor da tradución vasca do Novo Testamento, publicada en 1571. Ao tratar das dificultades para atopar unha modalidade comprensible por tódolos lectores, escribe:

“... batbederac daqui heuscal herrian quasi etche batetic bercera-ere minçatzeco manerán cer differentiá eta diuersitatea den”

(“... calquera sabe que diferencia e diversidade hai no xeito de falar en Euskal Herria case dunha casa a outra”).

Esta pasaxe está no prólogo aos vascos (“Heuscalduney”), a continuación da carta bilingüe (euskara / francés) que o autor dirixe á raíña Xoana de Navarra. O mesmo nome volta a ser utilizado polo mesmo autor no mesmo ano pero esta vez separado por un guión no seu ABC edo christinoen instructionea:

“Heuscal-herrian gaztetassunaren iracasteco carguä dutenér eta goitico guciér. Leiçarraga Berascoizcoac Iaincoaren gratia desiratzen”.

“Eta minçatzeco maneraz den beçembatean, Heuscal-herrian religionearen exercitioa den lekuco gendetara consideratione guehiago vkan dut, ecen ez bercetara”.

A polémica do termo "Euskal Herria" Existe polémica en canto ó termo Euskal Herria, sendo para algúns sinónimo da rexión histórica do País Vasco e para os outros sinónimo de Euskadi, que é a de uso preferente no ámbito oficial. O País Vasco corresponde nesta acepción a unha comunidade autónoma española, situada no extremo nororiental da franxa cantábrica, lindando ao norte co Mar Cantábrico e Francia, ao sur coa Rioxa e Castela e León, ao oeste con Cantabria e ao leste con Navarra. Intégrano as provincias (denominadas territorios históricos no ordenamento autonómico) Áraba, Guipúscoa e Biscaia agrupando 253 municipios: Áraba 51, Guipúscoa 88 e Biscaia 114.

O termo é habitualmente utilizado por grupos políticos de tipo nacionalista e independentista para reivindicacións territoriais e/ou soberanistas, aínda que grupos nacionalistas moi importantes e incluso maioritarios prefiren habitualmente utilizar o termo Euskadi.

Algúns autores e correntes críticas co nacionalismo vasco rexeitan o carácter político do concepto por consideralo pseudocientíficoJon Juaristi, El linaje de Aitor. La invención de la tradición vasca, Madrid, Taurus, 1998. pola carga ideolóxica que comporta ou ben, nalgúns casos, limítano unicamente á súa concepción antropolóxica ou cultural, equivalente polo tanto ás formas castelás e máis antigas de «Vasconia» ou «País Vasco»«Nombres y conceptos». Columna de José Luis Lizundia no diario El País, o 2 de outubro de 2006..

Orixe da polémica O concepto de Euskal Herria tivo, na súa orixe, pois, unha dimensión exclusivamente cultural xa que se trata do modo no que os vascoparlantes a partir do século XVI teñen denominado historicamente aos territorios nos que se falaba a súa lingua (ou aos territorios sobre os que, aínda sen se falar o éuscaro, pertencían a territorios cunha grande pegada vascoparlante, caso da Ribera de Navarra.

Coa eclosión de nacionalismo vasco a partir de finais do século XIX e a concienciación do retroceso territorial do éuscaro que xa denunciara Miguel de Unamuno, o termo "Euskal Herria" considerado coma o territorio onde se fala o éuscaro, o pobo posuidor do éuscaro xa non podía constituír para o nacionalismo vasco o terreo da "nación vasca""Por algo Sabino Arana chamou Euzkadi á Euskal Herria carlista" (Anasagasti) e por iso, Sabino Arana, considerado fundador do nacionalismo vasco, rexeitou a denominación Euskal Herria, creando o novo termo "Euzkadi" con maior significado político, pois Arana inicialmente entendía que a súa patria (aberri) debía estar só composta por vascos xenuínos, independentemente da lingua que falaran, aínda que utilizaba habitualmente nos seus artigos o termo Euskeria (por exemplo: "Este partido nacionalista só naceu e vive para a Patria, que é Biscaia libre en Euskeria libre"Artigo de Sabino Arana: "Ir a por lana y volver trasquilado" (1895) no que utiliza a voz "Euskeria").

Arana ademais, nos seus inicios, quixo diferenciarse dos fueristas representados politicamente polos "Euskalerriacos" liderados por Fidel Sagarmina e o santanderino Ramón de la Sota (posteriormente entraría no PNV), que socialmente pretendían apropiarse do termo "Euskal Herria".

Posteriormente, algúns ideólogos nacionalistas como Arturo Campión defenderon a voz "Euskal Herria""Pero se os esforzos que se están a realizar entre ditos baskos para encasquetarlles os flamantes Euzkadi e euzkotar fosen levados á cabo para convencelos (e figúraseme que non había de ser difícil) de que poden chamar, sen grave impropiedade, Euskal-Erria ao país onde se falou e xa non se fala baskuenze, é indubidable que os beneficios unificadores que se esperan de Euzkadi, otorgaríaos, así mesmo Euskal-Erria" "Sobre el nuevo bautizo del País Basco" (Arturo Campión, 1907) considerándoa máis histórica e entendible que a recentemente creada "Euzkadi", defendida polos aranistas máis puristas como o tamén navarro José Agerre.

Durante a ditadura franquista reprimíronse duramente as ideas nacionalistas, pero o termo Euskal Herria estaba permitido, ao ser o termo que os carlistas tiñan utilizado desde antes, incluso, do nacemento do nacionalismo vasco. Proba diso é a distinción que en 1973 realizaba un censor, citando a Unamuno, entre Euzkadi e Euskal Herria:

Joan Mari Torrealdai: La Censura de Franco y el tema vasco, pág. 89 ou que o partido ultradereitista Fuerza Nueva admita Euskal Herria no canto de Euskadi.Carlos Merino, responsable de Fuerza Nueva de Bilbao, preguntábanlle por Euzkadi, respondía: "¡Euskadi non existe! En todo caso poderíamos admitir Euskal Herria; ese é o nome correcto". Revista 'Punto y Hora' de 26 de abril a 3 de maio de 1979.

O uso político do termo Euskal Herria por unha parte do nacionalismo vasco é, de todas formas, moi recente (desde a década de 1990), hoxe en día a expresión Euskal Herria está estendida por tódolos partidos políticos nacionalistasEAJ/PNV , Batasuna , Eusko Alkartasuna , Aralar , EHAK/PCTV aínda que algúns sectores (principalmente do PNV) prefiren o uso do neoloxismo Euzkadi ou Euskadi aínda cando a creación e desenvolvemento da comunidade autónoma do País Vasco, a raíz do Estatuto de Guernica, fixese que se identifique a esta con Euskadi. En calquera caso, este neoloxismo está sendo gradualmente desprazado polo termo máis antigo.

Interpretación de Euskal Herria como nación O concepto de Euskal Herria como nación é polémico. Ademais, algúns nacionalistas prefiren utilizar a expresión Euzkadi para denominar á nación vasca.

Os nacionalistas vascos consideran que a súa patria debe ser soberana para poder autodeterminarse e decidir o seu status político, e para moitos dos que se senten parte de dita comunidade, a súa capital sería Pamplona.

O sentimento "nacional" vasco ten un grao moi diverso de apoio en cada un dos territorios. Un estudo de "Forum Radio Euskadi" expón que no País Vasco un 52% dos entrevistados considera unha nación mentres esta crenza é apoiada por un 32% en Navarra e un 34% no País Vasco francés.

Segundo datos do Euskobarómetro de novembro do 2006 un 43% dos vascos considérase nacionalista fronte a un 50% que se considera non nacionalista. Un 62% dos vascos ve compatible as identidades vasca e española, mentres que un 6% considérase só español e un 29% só vascoEuskobarómetro Nov 2006 . Segundo datos do Navarrómetro Pensamento político, con datos do Navarrometro en 2001 un 18% dos navarros considérase só navarro e un 21% navarro e vasco mentres que un 44% considérase navarro e español e un 6% navarro, vasco e español.

Ante a perspectiva dun hipotético referendo de independencia no País Vasco, un 45% dos cidadáns votaría si, un 25% non, e un 30% non se pronuncia ou non votaría.

Polos resultados electorais dos distintos partidos políticos nestes territorios, pódese inferir, coas debidas cautelas, que o sentimento de pertenza en exclusiva a unha nación vasca podería ser só maioritario en Biscaia e Guipúscoa (que suman máis do 60% da poboación total de Euskal Herria e cuxo territorio é algo maior do 20% do total).