O Penedo de Teixeiro é un lugar da parroquia de Curtis no concello coruñés de Curtis da comarca de Betanzos. Tiña 77 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 42 eran homes e 35 eran mulleres.

Historia Durante os séculos XVI, XVII e XVIII o lugar era coñecido coma o Penedo do Cárcere, xa que albergaba o cárcere do couto do Rincón, con cabeza en Teixeiro.

Patrimonio Castro de Penedo

Lugares e parroquias Lugares de Curtis

Parroquias de Curtis

Notas

Categoría:Lugares de Curtis