Ronald Koeman, nado en Zaandam o 21 de marzo de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol neerlandés, que dende 2023 dirixe a selección neerlandesa. Xogou inicialmente de centrocampista e despois de defensor libre, sendo o defensa máis goleador da historia, con 193 goles en 533 partidos de liga.Estadísticas de Koeman como goleador
Xogou nos tres grandes clubs neerlandeses (Ajax Ámsterdan, PSV Eindhoven e Feyenoord Rotterdam) e no FC Barcelona, formando parte do Dream Team dirixido por Johann Cruyff que gañou catro ligas consecutivas entre 1990 e 1994, ademais da Copa de Europa 1991-92, onde marcou o gol da vitoria na final contra a Sampdoria. Foi tamén titular da selección neerlandesa, coa que gañou en 1988 a Eurocopa de Alemaña Occidental.
Traxectoria Debutou como profesional en 1980 no FC Groningen xunto co seu irmán Erwin, que tamén chegaría a internacional. Posteriormente xogou no Ajax Ámsterdan e o PSV Eindhoven.
No verán de 1989 fichou polo FC Barcelona, sendo nese momento a fichaxe máis cara do club, con 1.200 millóns de pesetas. Durante a segunda tempada no equipo catalán tivo unha longa lesión, ocupando o seu lugar Alexanco. Ese ano logrou a primeira de catro Ligas consecutivas. Na final da Copa de Europa de 1992, disputada en Wembley o 22 de maio fronte á Sampdoria, Koeman marcou o gol decisivo de falta na prórroga"Koeman, el héroe de Wembley" , artigo en La Vanguardia, 21 de xaneiro de 2009 .. Co equipo blaugrana gañou tamén unha Copa do Rei.
Deixou o club para xogar a súa última tempada como profesional no Feyenoord Rotterdam.
Coa selección neerlandesa gañou a Eurocopa de 1988 e participou nos mundiais de Italia 90 e USA 94.
Adestrador Iniciou a súa carreira técnica como axudante de Louis van Gaal no FC Barcelona. Despois regresou ao seu país para dirixir o Vitesse Arnhem. Entre decembro de 2001 e febreiro de 2005 adestrou o Ajax Amsterdam, gañando algúns títulos locais. En xuño de 2003 recibiu unha oferta do presidente Joan Laporta para adestrar ao FC Barcelona, pero os equipos non se puxeron de acordo nas cifras do traspaso.
Tras varios desacordos co director deportivo do equipo, Louis van Gaal, e ante os malos resultados na Eredivisie e na Liga de Campións, deixou o equipo en febreiro de 2005. Pouco despois fichou polo Benfica de Lisboa. Malia que na Liga de Campións chegou a cuartos de final, na liga portuguesa non acadou os resultados agardados, ao non clasificarse para a seguinte edición da Liga de Campións.
En xullo de 2006 fichou polo PSV Eindhoven, despois da marcha de Guus Hiddink á selección de fútbol de Rusia. Neste equipo acadou a liga neerlandesa, converténdose no segundo adestrador en logralo con dous clubs distintos tras Leo Beenhakker.
O 31 de outubro de 2007 fichou polo Valencia CF en substitución de Óscar Fernández, adestrador temporal trala destitución de Quique Sánchez Flores. Logo dunha polémica decisión, na que afastou do equipo titular aos veteranos Santiago Cañizares, David Albelda e Miguel Ángel Angulo en detrimento de novas promesas como Éver Banega, Hedwiges Maduro ou Juan Mata, a afección ché pediu a súa dimisión. Foi destituído o 21 de abril de 2008 tras caer en San Mamés por 5-1. Con todo, pouco antes lograra unha Copa do Rei fronte ao Getafe CF.
En 2009 fichou polo AZ Alkmaar, que a tempada anterior fora campión da Eredivisie con Louis van Gaal. Porén, foi destituído o 5 de decembro dese mesmo ano por mor dos malos resultados.
Adestrou o Fútbol Club Barcelona dende agosto de 2020 ata outubro de 2021.
Notas
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Holanda Setentrional Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Groningen Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Adestradores de fútbol dos Países Baixos Categoría:Adestradores do SBV Vitesse Categoría:Adestradores do AFC Ajax Categoría:Adestradores do SL Benfica Categoría:Adestradores do PSV Eindhoven Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Adestradores do AZ Alkmaar Categoría:Adestradores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Adestradores do Everton FC Categoría:Adestradores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 2026