Xosé Carlos Mosteiro Fraga, nado en Xeve (Pontevedra) o 3 de novembro de 1955 e finado o 3 de xullo de 2017, foi un escritor galego de literatura infanto-xuvenil.
Traxectoria Estudou maxisterio e exerceu de mestre na Pobra do Caramiñal.
Obras Literatura infanto-xuvenil O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande, 1999, Galaxia. Manual de instruccións para querer a Irene, 2001, Galaxia. Foi traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao asturiano e ao aragonés. Ese unicornio rosa, 2005, Tambre. Foi traducida ao castelán. Unha bruxa ben rara, 2007, S. M.
Obras colectivas A cor dos soños: III Encontro de Creadores no Barbanza: literatura infantil-xuvenil e ilustración, 2007, Barbantia. Con Lola Arxóns e Antón Riveiro Coello. Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
Premios Premio Barco de Vapor no 2006, por Unha bruxa ben rara.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Pontevedra